26/11/2020

DUELO DE IGUAIS EN SEVILLA

A xornada 12 de Primeira Masculina depara para o Pescados Rubén Burela FS un duelo de iguais en Sevilla.
DUELO DE IGUAIS EN SEVILLA

A xornada 12 de Primeira Masculina depara para o Pescados Rubén Burela FS un duelo de iguais en Sevilla. Os mariñáns saltarán á pista de Amate o sábado (13.00 horas) defendendo a sétima praza para medirse ao ascendido Real Betis Futsal, que ocupa a oitava, ambos empatados con 13 puntos. 

“É un conxunto que pelexa por obxectivos similares aos nosos. Esperamos competir ben; Betis está facendo unha boa tempada pero nós agardamos seguir a liña que nos levou ata aquí, a dos últimos partidos”, advertía Álex Diz, autor dun dos goles do billete para oitavos da Copa do Rei, disputado en Compostela o martes (2-5): “Foi un partido duro. Santiago é un rival correoso, pero conseguimos sacar o partido con boas sensacións”.

Ambas as escuadras recalan co botín dun punto na última cita, 3-3 para os laranxas ante Jaén e 0-0 para os béticos na pista de Ribera. Nas 9 xornadas disputadas ata o momento polos andaluces, dúas menos ca os galegos, os do ex-burelista Juanito conseguiron 10 puntos a domicilio; como locais tan só 3, ante Magna: “Fóra da casa está sacando máis puntos, tendo en conta que tamén os seus dos aprazamentos foron como locais. En Tudela foi un partido no que dende a media pista intentou defender e saír en transición, pero non aproveitou as ocasións. Foi moi igualado”, valoraba así o 22 burelista o último compromiso ligueiro do rival, incidindo na boa enerxía coa que os seus arrincaron esta semana, fronte ao Betis, que volve á competición regular despois de sucumbir fronte a Antequera (3-2) en Copa.

Así de tallante se amosaba o ala lugués antes de poñer rumbo a terras andaluzas: “Betis é un rival directo e estes tres puntos valen máis ca o resto. Temos que manter a nosa identidade pero ser máis regulares, manter a liña dos momentos bos e así poderemos regresar coa vitoria”.

Os galegos realizarán a última sesión da semana mañá pola tarde (18.00 horas), xa en Amate. 

Expedición Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 2. Nito, 4. Lucho, 5. Iago Míguez, 6. Pitero, 7. Javi Rodríguez, 10. Matamoros, 12. Renato, 16. Eto’o, 20. David Pazos, 22. Álex Diz, 23. Quintela, 24. M. Kaluza

Oitavos de Copa en Barcelona

O cadro de Juanma Marrube visitará a pista do titánico FC Barcelona en oitavos de Copa do Rei. Así deu a coñecer a RFEF no penúltimo cruzamento do sorteo desta tarde. A eliminatoria, prevista para o 15 de decembro, tamén contempla os seguintes enfrontamentos: Software Mengíbar-Movistar Inter, Sala5 Martorell-Industrias Santa Coloma, Noia Portus Apostoli-Viña Albali Valdepeñas, Jaén Paraíso Interior-Jimbee Cartagena, Levante UD FS- CA Osasuna Magna, UMA Antequera-Palma Futsal y ElPozo Murcia-Fútbol Emotion Zaragoza.

Noticias destacadas

Meira regresa ao Burela FS “para escribir unha nova historia e rematar algo que quedou incompleto”

O ala-peche brasileiro, que aportará disciplina táctica, experiencia e continuidade en ataque, é a sexta incorporación do conxunto laranxa

O Burela FS masculino incorpora traballo e velocidade co ala madeirense Marquinho

O portugués, que procede do KS Eurobus Przemysl polaco, convértese na quinta fichaxe do conxunto preparado por David Rial

A burelá Cris Blanco tamén se apunta a Primeira

A ala-peche canteirá, que debutou na máxima categoría con 15 anos, regresa á Primeira Iberdrola “con moitas ganas e ilusión”