Entrevista a Ramiro Fernández, Concelleiro de Deportes de Burela
- ●Un referente mundial como Pescados Rubén Burela FS é o mellor exemplo para inculcar bos valores e un estilo de vida saudable entre os máis pequenos…
- ●A parte do enorme traballo directivo e deportivo do club, é obvio que este logro é colectivo, grazas a un pobo e unha afección que sempre apoiaron o fútbol sala. Tamén as empresas que apoian e patrocinan ao club. Todos reman na mesma dirección. Foi esta a receita do éxito?
- ●Como se vive do fútbol sala en Burela? Xa sexa o masculino ou o feminino, sempre hai afección na bancada.
- ●Que lle achega a Burela un club que compite ao máis alto nivel do fútbol sala tanto na competición masculina como feminina?
Ao longo destas semanas tivemos a honra de falar con grandes figuras políticas do ámbito galego que, na súa traxectoria como servidores públicos, sempre tiveron ese interese por apoiar e axudar ao deporte galego a alcanzar os seus éxitos. Hoxe queremos facelo con Ramiro Fernández, Concelleiro de Deportes de Burela, municipio que sempre estivo á beira do noso club.
Ao longo destes anos os representantes do concello sempre estiveron moi presentes no club, formando parte de moitos éxitos importantes do Pescados Rubén Burela FS e representando tamén un sentir da comunidade. Co Concelleiro de Deportes repasamos algúns dos éxitos logrados nos últimos anos e como o deporte galego cada vez conta cun mellor status no noso país e no mundo.
Un referente mundial como Pescados Rubén Burela FS é o mellor exemplo para inculcar bos valores e un estilo de vida saudable entre os máis pequenos…
Para o Concello o deporte é unha actividade importantísima e primordial dentro da nosa política. Tentamos axudar a todos os clubs en todo o que podemos, porque entendemos que os valores que incorpora á sociedade fana mellor, máis solidaria, promove o compañeirismo, activa a mente e o corpo dos rapaces e rapazas. En definitiva, considerámolo unha actividade primordial dentro da sociedade. Dende logo que dende o Concello temos moi claro que un dos eixes fundamentais de Burela e así o poñemos en valor.
A parte do enorme traballo directivo e deportivo do club, é obvio que este logro é colectivo, grazas a un pobo e unha afección que sempre apoiaron o fútbol sala. Tamén as empresas que apoian e patrocinan ao club. Todos reman na mesma dirección. Foi esta a receita do éxito?
É verdade que Burela sempre se volcou con fútbol sala, xa dende os inicios co CEFIRE e máis tarde co Burela FS a vila de Burela sempre viu no fútbol sala un referente, e evidentemente o bo traballo feito polas diferentes directivas do club non fixeron máis que referendar que a xente se volcara co fútbol sala. É evidente que ese apoio da afición precisa dun soporte económico detrás, e eu creo que as empresas locais, non só de Burela, senón que de toda A Mariña souberon da importancia e proxección que o proxecto do Burela FS ten a nivel nacional, e incluso internacional, e por iso a súa aposta para apoiar este proxecto con aporte económico. Doutro xeito sería imposible vivir a época gloriosa que estamos a vivir a nivel de club, de pobo e de comarca.
Como se vive do fútbol sala en Burela? Xa sexa o masculino ou o feminino, sempre hai afección na bancada.
Como xa dixen antes, o arraigo e apoio que dende sempre recibiu este equipo por parte do pobo e da comarca foi fundamental. Sin ese apoio e esas ganas de ver fútbol sala sería imposible chegar a onde estamos agora. Eu que estiven sempre moi ligado ó fútbol sala; dende a grada teño vivido toda esa implicación e pasión coa que vivimos todos estes anos do fútbol sala de primeiro nivel, e dende logo que todos os veciños de Burela -e atreveríame a dicir de toda a comarca- están máis que identificados con este proxecto que lidera a directiva do Burela FS. Ten o apoio tanto da afición como das administracións.
Que lle achega a Burela un club que compite ao máis alto nivel do fútbol sala tanto na competición masculina como feminina?
Para Burela ter un club como o Burela FS competindo con ambos os dous equipos na máxima categoría é un tremendo orgullo. Temos que ter en conta que o Burela FS é o único equipo a nivel nacional con dous equipos na máxima categoría do fútbol sala, das mellores ligas de fútbol sala do mundo. Non ten que dicir que isto para un pobo que non chega ós 10.000 habitantes supón unha proxección que sería moi complicada de conseguir con campañas de publicidade, polo que o retorno que o Burela FS lle dá a Burela é primordial para a proxección do pobo tanto en aspectos sociais como económicos. Os veciños de Burela estamos moi agradecidos co traballo do club, de toda a estrutura, dende a deportiva como a estrutura da xente que traballa coa base e a xente de oficinas que son os grandes artífices de que as cousas vaian do xeito que van. Como Concelleiro e como veciño estou moi orgulloso de poder contar co Burela FS.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas