12/12/2011

Jozi, bicampioa do Torneo Mundial de Fútbol Sala Feminino

Jozi, bicampioa do Torneo Mundial de Fútbol Sala Feminino

Jozi regresará ao traballo do CD Burela FS Pescados Rubén o próximo xoves con outro título baixo o brazo. A gardameta alzouse bicampioa do Torneo Mundial de Fútbol Sala Feminino defendendo a camisola brasileira. O combinado anfitrión conquistou a cita despois dunha exposición épica fronte a España, o sábado no Paulo Sarasate, en Fortaleza. Tras o empate 3-3 no tempo regulamentario, as canarinhas conseguiron abrir vantaxe na prórroga e fixéronse coa copa con 4-3.


Clasificación final do Torneo: 1ª Brasil, 2ª España, 3ª Portugal, 4ª Rusia, 5ª Xapón, 6ª Arxentina, 7ª Venezuela e 8ª Angola.

Noticias destacadas

O á destro catalán, de 24 anos, exercitouse onte por primeira vez cos seus novos compañeiros e xa poderá ser aliñado este venres en Pamplona por David Rial

Dura primera parte para as mariñanas e máis igualado o segundo tempo no que moitas das numerosas ocasións que tiveron se viron frustradas polo papelazo da MVP do partido, Bia da Silva.