28/06/2022

Leticia Martín Cortés non seguirá co Pescados Rubén Burela FS

Tras un paso pola pista repleto de éxitos, Leticia Cortés non continuará no equipo.
Leticia Martín Cortés non seguirá co Pescados Rubén Burela FS

Martes 28 de xuño. Hoxe dicimos ata pronto a Leticia M. Cortés, quen se uniu ao Pescados Rubén Burela FS hai dúas tempadas, demostrando desde entón un rendemento altísimo na pista.

Durante os dous anos que estivo presente no persoal do Pescados Rubén Burela, Leti Cortés entregouse por completo no seu posto como á-peche, dando moito xogo en equipo e apoiando nos momentos máis duros. Este traballo constante traduciuse en grandes éxitos, sendo partícipe de lograr case todos os títulos que se podían disputar, entre elas as 2 Supercopas de España, as 2 Copas de S.M. A Raíña ou a vitoria do equipo na Futsal WEC onde as Guerreiras Laranxas fixéronse co título de campioas a nivel europeo.

Ademais de mostrar o seu talento na pista, Leti deu o mellor de si mesma deseñando algunhas das camisetas para o club. Importantes mensaxes de apoio, deseños fascinantes e, por suposto, a esencia do equipo.

Leticia sempre deu o máximo na pista e desde o club agradecemos todo o seu esforzo e apoio ao longo destas tempadas. Desexámoslle o mellor no seu futuro así como que siga crecendo e dándoo todo nos seus próximos proxectos.

Grazas por todo Leti! 

Noticias destacadas

O á destro catalán, de 24 anos, exercitouse onte por primeira vez cos seus novos compañeiros e xa poderá ser aliñado este venres en Pamplona por David Rial

Dura primera parte para as mariñanas e máis igualado o segundo tempo no que moitas das numerosas ocasións que tiveron se viron frustradas polo papelazo da MVP do partido, Bia da Silva.