Actualidade
Máis igualdade ca nunca (... por Quique García)

A temporada 2011-12 preséntase máis aberta ca nunca. Os equipos reforzaron e equilibraron máis os seus cadros para afrontar a competición con garantías e cumprir cos seus obxectivos.
A priori, Oxipharma Granada é o equipo que parte como favorito e o rival a bater. É un dos conxuntos que mellores fichaxes realizou apostando dende o inicio polo ascenso.
Outros equipos que en principio vexo como posibles aspirantes a conseguir o primeiro posto son Playas de Castellón, que é un dos grandes alicientes nesta nova tempada e que lle dará máis prestixio á Segunda División, ademais dos mesmos clubs que xogaron o play-off en 2010-11, UPV Maristas, Gáldar, Andorra e Burela.
Considero que hai varios equipos con opcións de clasificarse para xogar o play-off. Dous candidatos a ter moi en conta son o UMA Antequera e UA Ceutí.
[...]
Respecto ao noso equipo, estamos moi satisfeitos co cadro. Mantemos a base de tempadas anteriores e rexuveneceuse coas fichaxes. O Burela cumpre esta campaña dez anos de historia e ilusións. Por iso, debemos estar á altura desta traxectoria e intentar dar o salto para ingresar na mellor liga do mundo. A afección laranxa merece saborear a Primeira División, é o noso soño. Loitaremos por esa ilusión partindo co obxectivo de crear un grupo de traballo forte, homoxéneo, onde os sinais de identidade dos compoñentes do equipo, e en especial dos xogadores, sexan o sacrificio, o compromiso e a constancia. Estamos no camino adecuado e na dirección correcta para realizar grandes cousas. O cadro ten calidade e o club un das mellores afeccións da LNFS, dous aspectos fundamentais no deporte de elite para afrontar a tempada con garantías de éxito.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas