13/11/2020

O DERBI GALEGO NA BOMBONEIRA

Vista Alegre acollerá mañá, na xornada 9, o derbi galego de Primeira Masculina.
O DERBI GALEGO NA BOMBONEIRA

Vista Alegre acollerá mañá, na xornada 9, o derbi galego de Primeira Masculina. Pescados Rubén Burela FS e O Parrulo saltarán ao parqué ás 18.30 horas. Aínda que nesta ocasión a bancada da Bomboneira non lucirá coma nas grandes ocasións, a emoción do duelo irmandiño poderá entrar en todos os fogares, coa emisión en directo a través de Twitch.

Os pupilos de Juanma Marrube pechan outra semana dura regresando ao mausoleo mariñán tras a cita ante o líder, Levante UD FS (4-2), do martes, coa estrea en Primeira da Xoia Laranxa Nito: “Sentinme moi ben, bastante cómodo y con moitas ganas de axudar ao equipo. Son moi afortunado por facer o que me gusta, asumo cada día con traballo e ilusión para seguir aprendendo. Lévome moi ben con todos os compañeiros, todos intentamos axudarnos” confesaba o 2 burelista, que regresou este ano ás filas laranxas tras o seu paso por Santiago Futsal.

Defendendo a novena praza, con 9 puntos, o Pescados Rubén buscará recuperar a vitoria fronte aos ferroláns, que chegan con 2 puntos, nos seis encontros disputados ata o momento. “Ten un bo bloque. Agardamos unha cita complicada, por todo o que rodea sempre os derbis e polo ben que nos coñecemos os dous equipos. O Parrulo vén de perder ante o Betis e chega necesitado de puntos” reflexionaba o ala-peche sobre o que será o segundo enfrontamento entre ambas as escuadras este ano, tras o partido de volta de semifinais de Copa Galicia, que caeu do lado dos do Mariskal (2-4) en pretempada. 

Á ausencia de David Pazos, pola escordadura de nocello, súmase Iago Míguez, por unha sobrecarga de aductores. Entrará en convocatoria o xuvenil Quelle. 

Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 2. Nito, 4. Lucho, 6. Pitero, 7. Javi Rodríguez, 10. Matamoros, 12. Renato, 13. Giasson, 16. Eto’o, 18. Quelle, 22. Álex Diz, 23. Quintela, 24. M. Kaluza

Noticias destacadas

O á destro catalán, de 24 anos, exercitouse onte por primeira vez cos seus novos compañeiros e xa poderá ser aliñado este venres en Pamplona por David Rial

Dura primera parte para as mariñanas e máis igualado o segundo tempo no que moitas das numerosas ocasións que tiveron se viron frustradas polo papelazo da MVP do partido, Bia da Silva.