Actualidade
O Pescados Rubén non viaxará a Zaragoza

O Pescados Rubén Burela FS non viaxará a Zaragoza para disputar a xornada 11 de Primeira Feminina este sábado, con Intersala. Así foi resolto hoxe o aprazamento polo xuíz de competición da RFEF, debido ao confinamento de parte do equipo mariñán tras detectarse a finais da semana pasada un caso positivo Covid-19 entre as súas xogadoras.
Sen estrea da segunda volta
Esta será a segunda semana consecutiva para o Pescados Rubén Burela FS sen competición. A xornada pasada, coincidindo co inicio da segunda volta, foi aprazada por petición do Alcorcón FSF debido ás consecuencias do temporal de neve.
Despois de cumprir o protocolo marcado polo corpo médico e tras superar os test pertinentes, parte do grupo do Pescados Rubén está adestrando dende onte. A xogadora que deu positivo, que se atopa sen síntomas, permanecerá en illamento ata finais de semana, igual que o grupo de contactos directos dentro do equipo.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas