Os 'Pícaros' deixan escapar a vitoria en casa no último minuto

Sábado, 8 de outubro.- Na primeira metade o Burela FS foi moi superior ao cadro catalán. Os locais gozaron de dúas claras oportunidades no primeiro minuto de partido que se foron por fóra da portería. O encontro continuou cun ritmo frenético e continuas oportunidades do Burela para abrir o marcador, pero non foi ata o minuto 6 cando o cadro local conseguiu marcar o seu primeiro tanto grazas a unha xogada combinativa que culminou Nando para poñer o 1-0 no marcador. O burela continuou desenvolvendo unha presión asfixiante ao seu rival, pero dous minutos máis tarde (no '8) un descoido en defensa dos 'pícaros' propiciou que Castro roubase un balón e empatase para o Martorell. A partir dese momento o Burela subiu a presión e dispuxo de varias ocasións para distanciarse no marcador, pero finalmente chegouse ao descanso co 1-1.
A segunda metade foi un túa e miña sen un claro dominador e con oportunidades para os dous equipos. Aos cinco minutos da continuación Rikelme adianta ao Burela; un minuto máis tarde, Pavel volve empatar para o Martorell e aos poucos segundos Pazos logra marcar para poñer por diante de novo ao Burela e colocar o 3-2 no marcador. A partir de aí os burelistas baixaron na súa presión e os cataláns empezaron a entrar no partido. A falta de dous minutos para os final Pans logra empatar para o Martorell e un minuto máis tarde (no 39) Marc consegue o gol da vitoria para os visitantes.
Ficha Técnica:
CD Burela FS: Bruno, Nito, Lucho, Pitero, Isma, Nando, Rikelme, Alberto, Antón, David Pazos, Eloy, Roy
Sala 5 martorell: Reyes, Imad, Ferrán, Viedma, Pau, Castro, Eric, Fouad, Oussama, Hinojosa, Pavel, Roger, Marc
Goles: Min 6 Nando 1-0; Min 9 Castro 1-1; Min 25 Rikelme 2-1; Min 26 Pavel 2-2; Min 26 Pazos 3-2; Min 38 Panes 3-3; Min 39 Marc 3-4
Equipo arbitral: Cubero García y Manso Martín
Incidencias: Partido correspondiente a la 4ª jornada de la Segunda Federación de Fútbol Sala Masculino disputado en el pabellón Vista Alegre
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas