19/02/2013

Pardeiro: 'Analizaremos o valor deste punto ao final de liga'

Pardeiro: 'Analizaremos o valor deste punto ao final de liga'

O empate na Rioxa (2-2) volve obrigar ao Burela FS Pescados Rubén a compartir o cumio de Primeira RFEF, co Atlético de Madrid (42 puntos), despois dunha xornada na que Javier Pardeiro cre que as súas xogadoras mereceron máis, aínda que tamén apreza que se puntuara. “Non foi un resultado xusto porque o control recaeu sobre nós, pero tamén erramos en finalización. Porén, aínda queda moita liga, quedan 30 puntos, así que analizaremos o valor deste ao final da liga. Pode ser moi importante” admitiu Pardeiro.



O adestrador tamén lamentou os obstáculos cos que se tivo que enfrontar o reducido cadro laranxa: “Dolo non puido xogar, por unha sobrecarga nas costas; Peque tivo que retirarse antes do remate por unha durísima entrada ao nocello e Haydee, que xogaba os seus primeiros minutos despois da intervención de xeonllo, tamén se resentiu” avaliaba así Pardeiro a saúde do vestiario. “A nosa principal preocupación é recuperar o equipo para Soto del Real” continuou o estratega burelao, pensando a curto e longo prazo, que tamén fixo fincapé en corrixir detalles para a cita en Madrid (sábado 23, 18.00 horas). “Debemos estar máis acertadas de cara á portería” afirmou con contundencia.

Noticias destacadas

O á destro catalán, de 24 anos, exercitouse onte por primeira vez cos seus novos compañeiros e xa poderá ser aliñado este venres en Pamplona por David Rial

Dura primera parte para as mariñanas e máis igualado o segundo tempo no que moitas das numerosas ocasións que tiveron se viron frustradas polo papelazo da MVP do partido, Bia da Silva.