Pardeiro: 'Estou contento por manter a imbatibilidade ante os aspirantes ao título'

[…] Se hai dúas semanas o Burela FSF Pescados Rubén foi capaz de romper a dinámica do Móstoles FSF, que non cedera ningún punto en toda a liga, con 0-0 no Vista Alegre, a fin de semana pasada chegou a quenda do Ponte Ourense. O cadro das Burgas sumara todos os puntos que se xogaran nos Remedios ata que chegaron as pupilas de Pardeiro, que empataron 1-1.
O adestrador amósase moi satisfeito co inicio da segunda volta, aínda que recoñece ter “unha espiña cravada” por non gañar a ningún dos intratables. “Teño que estar contento porque mantemos a etapa de imbatibilidade despois de xogar ante os dous únicos aspirantes ao título, pero quédame un pouco a pena porque puidemos acadar máis de dous puntos”, comenta Pardeiro, que engade que o Burela FS tivo posibilidades de en ambos os partidos.
O choque de Ourense resultou menos duro do esperado para as mariñás, segundo comenta Pardeiro. “Penso que a lesión de Ampi condicionou o xogo do rival. O Ponte basea a maior parte do seu xogo nesta futbolista e recibiu un duro golpe, sobre todo no aspecto psicolóxico” explicou o técnico laranxa. […] “Penso que puidemos acadar unha boa renda, pero só marcamos un gol e despois cometemos un erro de marca que nos custou o empate. O rival só foi superior no último tramo da primeira parte”, sinalou. […]
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas