Pardeiro: 'Soubemos frear a ansiedade e remontar o resultado ante o Soto'

O adestrador do Burela FSF Pescados Rubén, Javier Pardeiro, mostrouse moi satisfeito co triunfo do seu equipo en Soto del Real (3-6), aínda que cinco dos seis goles mariñáns apareceron no tramo final do partido. “Estou contento coa resposta das xogadoras despois de perder dous dos tres últimos encontros. Dominamos por completo e gozamos de multitude de ocasións. Todo o partido foi un asedio total do Burela FSF, especialmente na segunda metade”, dixo.
O cadro madrileño soubo aproveitar dous contragolpes para cobrar unha vantaxe de dous goles no marcador, pero as laranxas nunca desfaleceron e seguiron buscando os tres puntos. “Era un marcador moi perigoso porque a ansiedade podía aparecer, pero as xogadoras souberon evitar un estado de nerviosismo que nos impedise remontar e mantiveron a cabeza fría” sinalou Pardeiro, que valorou tamén o xogo do seu equipo con cinco para catro. “Apostamos por utilizar porteira-xogadora e saíunos ben porque atinamos o que levabamos fallando o resto do encontro”, sentenciou o técnico.
Aínda que Vanessa foi protagonista polo seu hat-trick, Pardeiro cre que todas as súas compañeiras traballaron arreo.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas