12/08/2021

Pitero, outra Xoia que seguirá en Burela

O 6 mariñán formalizou a súa renovación ata 2023.
Pitero, outra Xoia que seguirá en Burela

O burelao Christian Rivas García, Pitero, seguirá na súa casa. A Xoia Laranxa vén de formalizar a súa renovación ata 2023. “Este é o meu fogar, é o club da miña vida. Levo nesta familia dende pequeno e estou moi contento por ter a posibilidade de continuar e seguir dando o mellor de min neste club” confesaba o 6 mariñán de 21 anos. 

Tras tres tempadas de experiencia xa no conxunto sénior, Pitero ve un Pescados Rubén Burela con bos cimentos e contribucións prometedoras: “O equipo ten moi boa base, con incorporacións que poden axudar moito. Creo que hai bos cimentos para realizar un gran traballo” adiantaba o pivote, un dos grandes revulsivos do equipo na tempada pasada, a pesar de que certas molestias non lle deixaron estar ao cento por cento nalgunha fase da competición. “Espero seguir medrando e madurando tanto persoal coma deportivamente; seguir axudando o equipo en todo no que poida. Eu traballarei e farei todo o que estea na miña man para repetir os bos momentos da tempada pasada e que este ano duren máis” adiantaba a Xoia, agardando xa o comezo do espectáculo, co inicio de liga marcado para o 9 de outubro, con Futbol Emotion Zaragoza: “Todo rodará ben, cunha boa adaptación entre o equipo e Riquer, un gran profesional que regresa á liga española con moitas ganas”

Pitero será o undécimo xogador de Alberto Riquer para 2021-22, xunto á continuidade de Quintela, Pazos, Renato e Nito, as renovacións de Iago Míguez, Lucho e Michal Kaluza e as novidades de Isma, Wanderson e Rikelme.  

Noticias destacadas

O á destro catalán, de 24 anos, exercitouse onte por primeira vez cos seus novos compañeiros e xa poderá ser aliñado este venres en Pamplona por David Rial

Dura primera parte para as mariñanas e máis igualado o segundo tempo no que moitas das numerosas ocasións que tiveron se viron frustradas polo papelazo da MVP do partido, Bia da Silva.