16/09/2021

Porto, cedido ao Soliss Talavera

O ala zurdo de Portomarín defenderá o conxunto de Segunda División, con Juanma Marrube como adestrador.
Porto, cedido ao Soliss Talavera

O ala zurdo José Antonio Capón Lamas, máis coñecido como Porto, defenderá o Soliss FS Talavera en 2021-22 despois de chegar a un acordo co Pescados Rubén Burela FS para a súa cesión.  

O xogador de Portomarín, de 24 anos, que regresou a Burela esta pretempada despois de militar no Noia Portus Apostoli e Santiago Futsal nas dúas últimas campañas, volverá coincidir co alfocego Juanma Marrube, á fronte do conxunto de Segunda División; ambos compartiron vestiario en 2018-19 co ascenso do Pescados Rubén Burela FS.  

Moita sorte, Porto!!!

Noticias destacadas

Meira regresa ao Burela FS “para escribir unha nova historia e rematar algo que quedou incompleto”

O ala-peche brasileiro, que aportará disciplina táctica, experiencia e continuidade en ataque, é a sexta incorporación do conxunto laranxa

O Burela FS masculino incorpora traballo e velocidade co ala madeirense Marquinho

O portugués, que procede do KS Eurobus Przemysl polaco, convértese na quinta fichaxe do conxunto preparado por David Rial

A burelá Cris Blanco tamén se apunta a Primeira

A ala-peche canteirá, que debutou na máxima categoría con 15 anos, regresa á Primeira Iberdrola “con moitas ganas e ilusión”