Actualidade
QUE O “CORAZÓN LARANXA” NON DEIXE DE LATER...

Máis de 20 anos leva o club deportivo Burela FS (2001) demostrando que en A Mariña nos gusta o fútbol sala… ¡e moito! E eso demóstrano cada sábado todos os afeccionados que nos visitan no pavillón Vista Alegre, que foron medrando en número ano tras ano.
Na actualidade somos o único club de España con dous equipos en primeira división de fútbol sala, e cunha escola deportiva que alberga nenos e nenas dende os 3 anos.
PERO… tras a retirada do noso patrocinador principal Pescados Rubén, ao cal aproveito para agradecer o seu soporte durante todos estes anos, entramos nun momento delicado no plan económico.
Así que, chegado este momento, pedimos a colaboración de toda a nosa xente de A MARIÑA: necesitamos máis socixs, máis patrocinadores, máis empresas que colaboren… En definitiva, agora máis que nunca, necesitamos máis “FAMILIA LARANXA”.
Queremos seguir medrando, como o vimos facendo nos últimos anos, para seguir sendo un club pionero no mundo do deporte: único club do mundo do fútbol sala con convenio para o noso equipo feminino, plan de igualdade, xogadores e xogadoras profesionais, escolas deportivas, torneos… E, para seguir e medrar, ¡NECESITÁMOSVOS!
Por iso, agora máis que nunca, o corazón laranxa non pode deixar de later. A cambio, prometemos seguir ofrecendo xornadas cheas de espectáculo, diversión e paixón; traballo diario coas nosas bases e seguir competindo cos nosos equipos ao máximo nivel.
FAITE SOCIO / COLABORADOR / PATROCINADOR E FORMA PARTE DA NOSA FAMILIA
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas