20/09/2021

Rodiles, debut das campioas na Copa da Raíña

O Pescados Rubén visitará Villaviciosa na 1ª eliminatoria, o 8 de decembro.
Rodiles, debut das campioas na Copa da Raíña

O Pescados Rubén Burela FS defenderá o trono da Copa de S.M. A Raíña estreando a cuarta edición da cita co asturiano Sporting Cider Rodiles FSF na primeira eliminatoria. As Guerreiras Laranxas visitarán Villaviciosa o mércores 8 de decembro para enfrontarse ao conxunto de Segunda División, dirixido agora por ex das mariñás Julio Delgado. 

 

Os emparellamentos desta rolda inicial quedaron definidos a semana pasada pola RFEF, por proximidade xeográfica. Disputarana os equipos clasificados de Segunda División contra os equipos de Primeira a partido único, sendo local o club de menor categoría. 

 

Sporting Cider Rodiles FSF-Pescados Rubén Burela FS

Cidade das Burgas GLS-Ourense CF Envialia

Viaxes Amarelle-Marín Futsal

Valdetires Ferrol FSF-Poio Pescamar FS

Intersala Promesas Zaragoza-Sala Zaragoza

CD La Concordia-AE Penya Esplugues

Feme Castellón FSF-Vistelche Joventut d'Elx

Xaloc Alacant Fútbol Sala-Universidad de Alicante

LBTL Futsal Alcantarilla-STV Roldán FSF

CD Básico Rivas Futsal-Melilla Sport Capital Torreblanca FS

Deportivo Córdoba Caja Sur FS-Atlético Torcal

Gran Canaria FSF Teldeportivo-CD Futsi Atlético Navalcarnero

Almagro FSF            -Majadahonda AFAR 5 FSF

UDC Txantrea-CD Leganés

Dulces París La Algaida FS-Fútbol Sala Femenino Móstoles

Les Cors AE-Arriva AD Alcorcón FSF

 

Noticias destacadas

Meira regresa ao Burela FS “para escribir unha nova historia e rematar algo que quedou incompleto”

O ala-peche brasileiro, que aportará disciplina táctica, experiencia e continuidade en ataque, é a sexta incorporación do conxunto laranxa

O Burela FS masculino incorpora traballo e velocidade co ala madeirense Marquinho

O portugués, que procede do KS Eurobus Przemysl polaco, convértese na quinta fichaxe do conxunto preparado por David Rial

A burelá Cris Blanco tamén se apunta a Primeira

A ala-peche canteirá, que debutou na máxima categoría con 15 anos, regresa á Primeira Iberdrola “con moitas ganas e ilusión”