19/12/2009

Un Burela pouco centrado sucumbe ao fortín mostoleño (9-0)

Un Burela pouco centrado sucumbe ao fortín mostoleño (9-0)

A saída de Lucía da pista, xa no primeiro minuto por un golpe no nocello, presaxiaba que o de hoxe non sería un camiño de rosas para o Burela FSF Pescados Rubén. Sen a concentración necesaria, o equipo de Javier Pardeiro non puido facer nada para frear as incesantes chegadas do Móstoles á portería, que se impuxo por 9-0.


O primeiro gol das locais subiu ao electrónico por un erro da defensa laranxa, que tamén influíu nos dous seguintes tantos. No minuto 8, a vantaxe mostoleña era de 3-0, pero as filas burelás armáronse de valor para atacar con porteira-xogadora. Lonxe de ser efectiva, a elección laranxa desencadeou no 4-0, resultado co que chegou o tempo de descanso. Na mesma liña de arbitraxe moi desequilibrada comezou o segundo período, onde as xogadoras do Burela FS loitaron contra a furia madrileña sen froitos.

Noticias destacadas

O á destro catalán, de 24 anos, exercitouse onte por primeira vez cos seus novos compañeiros e xa poderá ser aliñado este venres en Pamplona por David Rial

Dura primera parte para as mariñanas e máis igualado o segundo tempo no que moitas das numerosas ocasións que tiveron se viron frustradas polo papelazo da MVP do partido, Bia da Silva.