VENDA ANTICIPADA ONLINE DE ABONOS PARA A FUTSAL WEC, DENDE HOXE

A Futsal Women’s European Champions 2023 Friendly Edition abre hoxe a venda anticipada de entradas online, co lanzamento exclusivo de abonos para toda a competición, que reunirá os mellores equipos europeos entre o 19 e o 22 de decembro en Burela
A través desta LIGAZÓN, todas as persoas que así o desexen poderán adquirir o seu abono ao prezo de 30 € para ver os catro campións ligueiros: Pescados Rubén Burela FS, o italiano Bitonto, o luso Benfica e o neerlandés Marlène.
A elección do asento en Vista Alegre será totalmente libre, coa apertura inicial da bancada lateral; as reservas de asento da liga 2023-24 non terán vixencia para este campionato.
As/Os socios/as que prefiran adquirir o seu abono de forma presencial poderán solicitalo na oficina do club laranxa dende o luns 11 de decembro.
A partir do venres 15 de decembro, abrirase a venda de entradas diarias, para cada xornada (tanto a fase regular coma a final), tamén online:
PREZOS POR XORNADA:
De 0-3 anos: Gratuíto
De 4 a 15 anos: 5 euros
Desde 16 anos: 10 euros
PREZOS PARA A FINAL:
De 0-3 anos: Gratuíto
De 4 a 15 anos: 7 euros
Desde 16 anos: 15 euros
PREZOS DE ABONO:
De 0-3 anos: Gratuíto
Abono único: 30€
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas