22/12/2011

Visita de Manolo Cadramón á escola burelista

Visita de Manolo Cadramón á escola burelista

O técnico do CD Rececende Superti-A Pontenova, Manolo Cadramón, visitou onte a escola burelista para dar a coñecer aos equipos infantil e cadete 25 años de fútbol sala. De viernes a viernes, obra na que adestrador repasa a súa traxectoria deportiva dende a categoría Autonómica, co Concello de Trabada FS, ata a División de Honra, co Azkar Lugo.


A base do Burela FS Pescados Rubén compartiu co invitado algúns dos fragmentos do seu libro. Manolo Cadramón convidou os rapaces a mergullarse  “nunha pequena homenaxe a todas as persoas coas que compartín vestiario e equipo; podedes atopar anécdotas, estratexia e planificación deportiva”. O técnico tamén animou ao alumnado burelista a “traballar con ilusión porque todo é posible nunha traxectoria deportiva”  e anunciou a súa “participación no mundial de Tailandia como segundo adestrador da Selección de Libia, xunto ao meu bo amigo Pablo Prieto”.


Manolo Cadramón clausurou a visita, con dotes de Papá Noel, agasallando as pequenas promesas do fútbol sala laranxa con exemplares dedicados do seu libro, ao que se poderá acceder, en poucos días, a través de www.futbol-tactico.com.

Noticias destacadas

Meira regresa ao Burela FS “para escribir unha nova historia e rematar algo que quedou incompleto”

O ala-peche brasileiro, que aportará disciplina táctica, experiencia e continuidade en ataque, é a sexta incorporación do conxunto laranxa

O Burela FS masculino incorpora traballo e velocidade co ala madeirense Marquinho

O portugués, que procede do KS Eurobus Przemysl polaco, convértese na quinta fichaxe do conxunto preparado por David Rial

A burelá Cris Blanco tamén se apunta a Primeira

A ala-peche canteirá, que debutou na máxima categoría con 15 anos, regresa á Primeira Iberdrola “con moitas ganas e ilusión”