29/10/2020

VISTA ALEGRE A PROBA ANTE A FORTALEZA DE SANTA COLOMA A DOMICILIO

Os pupilos do Mariskal regresan este sábado á casa coa xornada 7
VISTA ALEGRE A PROBA ANTE A FORTALEZA DE SANTA COLOMA A  DOMICILIO

Os pupilos do Mariskal regresan este sábado (18.30 horas) á casa coa xornada 7 e poñendo a proba a súa mausoleo ante a fortaleza como visitante de Industrias Santa Coloma, que recala en Vista Alegre despois de  puntuar en todos os seus desprazamentos. A cita, a porta pechada, poderá seguirse en directo por STREAMING.

O Pescados Rubén Burela FS volve á Bomboneira nunha boa dinámica despois de encadear os empates ante Fútbol Emotion Zaragoza (5-5) e Osasuna Magna (3-3), ocupando a oitava praza e 8 puntos. “Despois duns días moi intensos, tócanos unha semana cun só partido. Por fin temos certa tregua, pero seguimos traballando duro e con moitas ganas. Estamos ben pero co noso potencial creo que podemos dar un punto máis” confesaba unha das nosas Xoias, Renato, autor dun golazo na igualada de Navarra. “Preocúpame axudar ao equipo e sumar os tres puntos” aseguraba o 12 burelista fuxindo de protagonismos individuais.

Santa Coloma chega tras a derrota ante Betis (1-2) e con 5 puntos na súa cuadrícula, coa vitoria nas pistas de Ribera Navarra (3-6) e os empates do Parrulo (4-4) e Jaén (1-1): “Está xogando moi ben fóra da casa, pero a nosa cancha é moi sólida. Aquí vailles custar moito”, advertía o ala, esperando unha cita moi complicada: “Sabemos que nos mediremos a un rival duro e intenso, cun bloque que se coñece moi ben, e que vai vir polos tres puntos a Burela, pero nós ímosllo poñer moi difícil” reflexionaba Renato, facendo referencia ademais a Drahosky, como o actual pichichi da competición (7 goles).

A última sesión da semana está prevista para mañá ás 10.30 horas. A escuadra catalá viaxará mañá pola tarde e adestrará en Vista Alegre o sábado pola mañá.

Convocatoria provisional Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 2. Nito, 4. Lucho, 5. Iago Míguez, 6. Pitero, 7. Javi Rodríguez, 10. Matamoros, 12. Renato, 13. Giasson, 16. Eto’o, 20. David Pazos, 22. Álex Diz, 23. Quintela, 24. M. Kaluza

Noticias destacadas

Meira regresa ao Burela FS “para escribir unha nova historia e rematar algo que quedou incompleto”

O ala-peche brasileiro, que aportará disciplina táctica, experiencia e continuidade en ataque, é a sexta incorporación do conxunto laranxa

O Burela FS masculino incorpora traballo e velocidade co ala madeirense Marquinho

O portugués, que procede do KS Eurobus Przemysl polaco, convértese na quinta fichaxe do conxunto preparado por David Rial

A burelá Cris Blanco tamén se apunta a Primeira

A ala-peche canteirá, que debutou na máxima categoría con 15 anos, regresa á Primeira Iberdrola “con moitas ganas e ilusión”