03/01/2021

VISTA ALEGRE ESTREA 2021 CON TELEDEPORTE NO DUELO DE IGUAIS ANTE PEÑÍSCOLA (LUNS 4, 20.00 HORAS)

Penúltima xornada da primeira volta de Primeira Masculina, un duelo de iguais ante Peñíscola Globeenergy FS.
VISTA ALEGRE ESTREA 2021 CON TELEDEPORTE NO DUELO DE IGUAIS ANTE PEÑÍSCOLA (LUNS 4, 20.00 HORAS)

Vista Alegre estreará 2021 diante das cámaras de Teledeporte; será mañá, luns 4, coa penúltima xornada da primeira volta de Primeira Masculina, no duelo de iguais ante Peñíscola Globeenergy FS (20.00 horas). “É un orgullo. Creo que é un recibimento perfecto para o Ano Novo é unha boa oportunidade para dar o mellor de nós e recuperar a vitoria” explicaba o capitán, Edu, antes dunha cita que tamén contará coa actualidade de Burela FS TV en previa e post. 

Ambas as escuadras chegan ao encontro con 16 puntos, coa duodécima praza para os castellonenses e a décimo cuarta para os mariñáns, nunha zona apertadísima. Tras dúas citas en branco, os pupilos de Juanma Marrube queren recibir o ano ao grande: “Agardamos unha cita moi igualada, como o reflicte a clasificación. Temos que facer valer a nosa vantaxe como locais para conseguir os tres puntos, temos que recuperar a fortaleza que nos custou nos últimos partidos aquí”, advertía o naronés, dun rival que chegará a Burela con ganas de cambiar a dinámica: “É un equipo que cambiou moito. Comezou moi ben, pero leva uns partidos baixos. Temos que xogar con esa ansiedade” explicaba Edu ante o equipo de Manuel Collado, que só puido puntuar a través do empate nas últimas oito xornadas, dende o triunfo na casa fronte ao Valdepeñas (1-3).

“O principal é a saúde. Oxalá as vacinas nos poidan devolver á normalidade axiña” así confesaba o meta naronés os seus desexos para 2021, buscando “lograr a salvación o antes posible para seguir medrando”. 

Os mariñáns remataron a preparación para a xornada 16 esta mañá en Vista Alegre. O conxunto castellonense tamén realizará a súa última sesión no mausoleo laranxa; será ás 18.00 horas. 

Convocatoria provisional Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 2. Nito, 4. Lucho, 5. Iago Míguez, 6. Pitero, 7. Javi Rodríguez, 10. Matamoros, 12. Renato, 13. Giasson, 18. Quelle, 20. David Pazos, 22. Álex Diz, 23. Quintela, 24. M. Kaluza

Noticias destacadas

O á destro catalán, de 24 anos, exercitouse onte por primeira vez cos seus novos compañeiros e xa poderá ser aliñado este venres en Pamplona por David Rial

Dura primera parte para as mariñanas e máis igualado o segundo tempo no que moitas das numerosas ocasións que tiveron se viron frustradas polo papelazo da MVP do partido, Bia da Silva.