Vitoria do equipo masculino en Vista Alegre ante un complicado Avilés (3-2)

O equipo laranxa impúxose ao Avilés (3-2) e sobe ata o segundo posto da clasificación, aínda que empatado a puntos con Gijón, Gáldar e León. Os de Suso Rey viviron un partido esixente polo saber facer do rival, composto por veteranos que se pecharon atrás e viviron das contras. Tivo Juanma a primeira ocasión ao sancionar os árbitros un penalti de Chake sobre Javi Rodríguez, pero parou Juanjo.
Sería Juanpe o encargado de abrir a lata no minuto 18 (1-0) tras unha saída de córner ben aproveitada no rebote, e volvería a anotar un minuto máis tarde, logo de estar atento a un golpeo errático do porteiro, que recolleu e amagou para transformar no 2-0 co que se chegaría ao descanso.
O reinicio non foi bo para o Burela FS, que vía como se sucedían as ocasións polo bando visitante despois de dominar a primeira parte con autoridade. Chake e Neto poñían a igualada no marcador en dous minutos nefastos para os intereses locais (2-2), pero Dani Martín puxo as cousas no seu sitio no minuto 34 (3-2) logo dun dobre penalti fallado por Revilla e unha parada de Edu que quitou o impo a bancada e case deixa sen nariz o de Narón.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas