18/03/2016

Batalla por la octava plaza

Batalla por la octava plaza

Vista Alegre recibe este sábado os heroes laranxas da Copa de España Guadalajara 2016 cunha batalla decisiva polos play off. O CD Burela FS Pescados Rubén recibe o Peñíscola RehabMedic FS (18.30 horas) en duelo directo pola oitava praza, con empate a 28 puntos. O encontro poderá seguirse en directo por www.lnfsdirecto.com, coa colaboración de Iván Díaz Rolle e Ramón González. Antes do asubío inicial gardarase un minuto de silencio polo falecemento de Sara Mon, nai da cofundadora da empresa patrocinadora Pescados Rubén SL, Cesarina Fanego.



Un dos capitáns laranxas, Iago Míguez, aliado co gol en Guadalajara incidiu na relevancia da cita de mañá, trasladando a ilusión do equipo por seguir traballando por un novo reto: “Para nós é unha final; queremos clasificarnos para o play off e pechar un ano histórico para o club, logo de volver estar entre os catro mellores de España, nas semifinais de Copa de España. A Marea Laranxa será o sexto xogador nesta meta, segundo explicou o 5 mariñán: “Volver xogar un play off en Vista Alegre sería moi bonito, por iso precisamos a afección máis ca nunca, para que nos axude a conseguilo. Esperamos contar unha vez máis co apoio de Vista Alegre porque vai ser fundamental ata final da tempada. Queremos contar co apoio da Bomboneira para saír gañando desde o primeiro minuto e que nos arroupe como fixo en Guadalajara e sempre fai nas grandes citas”.




“Fisicamente arrastramos lesións, pero animicamente estamos no mellor momento da tempada. Estou seguro de que nos sobrepoñeremos a todo para sacar estes tres puntos tan vitais para nós. Poñendo a mesma intensidade e ganas da Copa, onde demostramos que somos un equipo, sendo solidarios e axudándonos, poñendo o mellor de cada un, o partido será noso” explicaba Iago Míguez.




Daniel Ibañes non poderá contar para a cita nin con Jorge, por unha sobrecarga no cuádriceps que xa lle impediu estar na Copa, nin con Hélder, pendente de probas tras o esvaecemento sufrido en Guadalajara. Chegarán entre algodóns Isi, por unha contusión na coxa na semifinal copeira, e Bruno, por un proceso gripal; o último adestramento laranxa está previsto para as 16.00 horas, en Foz. Nas filas visitantes, Carlos Sánchez dispoñerá de todos os seus xogadores, excepto Charly Maza, por unha lesión de longa duración; o equipo realizará a súa última sesión esta tarde en Vista Alegre ás 17.00 horas.



Na primeira volta os tres puntos subiron na cuadrícula burelista, 4-7.




Convocatoria Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 9. Iago Rodríguez, 11. Chano, 12. Petry, 13. Álex, 17. Carlitos, 20. Chino, 23. Antoñito, 28. Rubén

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibajos sufre en Mengíbar pero logra puntuar y afianzar ese tercer puesto en la clasificación.

En un encuentro muy intenso y luchado, las mariñanas no han mostrado su mejor versión con una primera parte que les ha costado el encuentro.

Complicado encuentro para el Burela que termina remontando un encuentro lleno de altibajos para el conjunto mariñano.