30/11/2010

Edu: 'En Vista Alegre tenemos mucho que decir'

Edu: 'En Vista Alegre tenemos mucho que decir'

Un dos xogadores máis regulares do Burela Fs nesta tempada e desde a súa chegada ao equipo está sendo o meta Edu, clave no rendemento defensivo dos mariñáns. “Creo que manteño unha regularidade importante, que é o meu obxectivo persoal, pero tamén teño que agradecérllelo aos meus compañeiros, porque falcilitan a miña tarefa grazas ao bo funcionamento defensivo”.


O futbolista fixo un balance do partido disputado polo cadro burelao en Barcelona, considerando a repartición de puntos como “xusto”, sobre todo porque ambos os conxuntos tiveron chegadas para vencer. “Foi un partido bastante raro porque nos custou moito meternos. Nos primeiros minutos sufrimos bastante porque o Barça saíu máis enchufado e non reaccionamos ata que encaixamos o 1-0”, comentou Edu, que destacou a segunda parte laranxa. “Fomos superiores despois do descanso, merecendo ata algún gol máis que o do 1-1”.


O Burela encadea tres partidos fóra da casa, cunha derrota e dous empates. O gardameta fala das dificultades do calendario. “Perdemos pola mínima en Puertollano e empatamos en Navarra ante dous dos tres primeiros. Na segunda volta serán eles os que teñan que visitar o Vista Alegre e aí temos moito que dicir” sinalou Edu.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibajos sufre en Mengíbar pero logra puntuar y afianzar ese tercer puesto en la clasificación.

En un encuentro muy intenso y luchado, las mariñanas no han mostrado su mejor versión con una primera parte que les ha costado el encuentro.

Complicado encuentro para el Burela que termina remontando un encuentro lleno de altibajos para el conjunto mariñano.