06/11/2012

Ribadeo 1-2 Cidade de Ourense

Ribadeo 1-2 Cidade de Ourense

O Cidade de Ourense foi outro dos equipos da liga galega feminina que levou os tres puntos de Ribadeo (1-2) sen un claro merecemento. As mariñás, que deron a cara durante todo o partido e con moi boa nota, buscaron a vitoria que se lles vén negando desde o inicio da competición, ante un experimentado Cidade de Ourense, filial do Ponte Ourense e recentemente descendido da Segunda División.



O enorme desgaste físico do escaso cadro de Martínez afanou a afección ribadense co seu equipo, que demostrou, a pesar da súa xuventude, estar á altura dos máis potentes desta categoría. Só o remate final o está privando de sumar vitorias que se lle escapan por moi pouco.



Adiantáronse as de Ourense no minuto 5 ao perforar Olga a portería de Vanessa nunha desafortunada xogada de Ana, que entregou un balón á visitante na mesmísima frontal da área. Este gol non rompeu os plans das ribadenses, que acosaron unha e outra vez as inmediacións da excelente porteira visitante Bárbara, gran responsable da vitoria do seu equipo, salvando ocasións como a que dispuxo Ana minutos máis tarde nun man a man contra a meta.



Na segunda metade, as ribadenses máis mentalizadas aínda das súas posibilidades, seguían buscando o gol. Transcorreran tan só 2 minutos da continuación, cando Ana, nesta ocasión si, conseguiu bater a Bárbara por raso. Oportunidades non lles faltaron ás de Martínez para dar a volta ao marcador; unha e outra vez, Eva, Elvira, Ana, Sabela… non foron capaces de rematar a  un rival que se viu sorprendido pola reacción das locais.



Como vén sendo habitual, o castigo para as ribadenses chegou a falta de cinco minutos nunha contra visitante; María bateu de novo a Vanessa. Era o 1-2 definitivo que mantén as da Mariña na penúltima posición da clasificación.



O Ribadeo intentará traer algo positivo de Poio a próxima xornada, onde deberá medirse a outro dos equipos filiais desta categoría.



Ficha técnica



Ribadeo FS: Vanessa, Ana (1), Toñi, Elvira e Helena, cinco inicial; tamén xogaron Eva, Sabela e Carla Bolaños.



Cidade de Ourense FS: Bárbara, Teresa, Olga (1), Noemí e Paloma, cinco inicial; tamén xogaron María (1), Soraia, Marta e Clara.



Árbitros: Javier Menéndez Nistal e Javier Mogo Torrado, da delegación de Lugo. Mostraron cartón amarelo ás locais Ana e Sabela e a Soraia polas visitantes.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibajos sufre en Mengíbar pero logra puntuar y afianzar ese tercer puesto en la clasificación.

En un encuentro muy intenso y luchado, las mariñanas no han mostrado su mejor versión con una primera parte que les ha costado el encuentro.

Complicado encuentro para el Burela que termina remontando un encuentro lleno de altibajos para el conjunto mariñano.