02/02/2018

Vuelta a la pista, con Majadahonda para estrenar la segunda vuelta

Vuelta a la pista, con Majadahonda para estrenar la segunda vuelta
Despois do descanso ligueiro pola fase previa do Nacional Sub-21 de Seleccións Autonómicas, o Pescados Rubén Burela FS volve á pista mañá en Majadahonda para estrear a segunda volta con boas sensacións (La Granadilla, 20.00 horas). “Vimos dun parón e creo que hai que cambiar a mentalidade. Empezar de cero e a ver se a segunda volta se nos dá mellor”, explicaba a capitá Bea Mateos, tras o tropezo en Alcorcón (6-1).

A 14 burelista fai un bo balance neste ecuador ligueiro, coa terceira praza (34 puntos), aínda que con marxe de evolución, sobre todo a domicilio, con máis concentración e traballo e, sobre todo, co obxectivo inmediato de romper os malos números de Madrid: “Acabamos nunha boa praza a primeira volta, pero creo que este equipo ten que dar moito máis; ten que ter máis sacrificio, compromiso e paixón. Cada vez que imos a Madrid vimos cun mal resultado pero creo que non deixa de ser froito da casualidade. Temos que cambiar en moitos aspectos; temos que saír máis concentradas, a polo partido desde o minuto 1 e dar moitísimo máis do que vimos dando”.

O reto será na casa do Majadahonda Afar4 FSF, undécimo (17 puntos), que pechou a primeira volta con vitoria fronte a Leganés (3-2): “Vai ser un partido moi igualado. Xa nos demostraron aquí que pelexan moitísimo e na súa casa máis aínda, onde a todos os equipos lles custa moito gañar, e creo que vai ser un partido moi disputado”, explicaba a salmantina, co recordo de 6-5 en Vista Alegre.

“Creo que este é un equipo feito para gañar, non se reflectiu nalgúns momentos e temos que seguir traballando, sobre todo na defensa e non sufrir tanto nos partidos. Estamos en Burela e non podemos dar nada por perdido; imos loitar por todas as competicións” puntualizaba Bea Mateos con optimismo ante toda a segunda volta por diante.

A expedición partirá mañá sobre as 9.30 horas, sen Sofía, por lesión, nin Sara Correia, por enfermidade.

Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 6. Cilene, 8. Cami, 10. Lara, 12. Ana Romero, 14. Bea Mateos, 15. Judith, 16. Tai, 37. Julia Forsiuk

Vista Alegre, sede do Campionato de España Sub-17 Feminino

A próxima semana Vista Alegre abrirá as súas portas como sede do Campionato de España de Seleccións Sub-17 Feminino, entre o 7 e o 11 de febreiro, compartindo escenario tamén na Mariña os pavillóns de Viveiro e Foz. As instalacións burelesas terán unha semana moi atarefada, co espectáculo engadido de Tarde Laranxa o sábado 10, en Primeira RFEF Pescados Rubén Burela FS-UA Alicante (16.30 horas) e Segunda LNFS Pescados Rubén Burela FS-Prone Lugo (19.00 horas).

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibajos sufre en Mengíbar pero logra puntuar y afianzar ese tercer puesto en la clasificación.

En un encuentro muy intenso y luchado, las mariñanas no han mostrado su mejor versión con una primera parte que les ha costado el encuentro.

Complicado encuentro para el Burela que termina remontando un encuentro lleno de altibajos para el conjunto mariñano.