28/11/2009

A calidade burelá deixa pegada ante o Ponte Ourense (5-2)

A calidade burelá deixa pegada ante o Ponte Ourense (5-2)

A calidade futbolística en Galicia ten denominación de orixe burelá. Boa mostra desta etiquetaxe de excelencia é o 5-2 polo que o Burela FSF Pescados Rubén se impuxo hoxe ao Ponte Ourense, no duelo autonómico da División de Honra, e co que as xogadoras de Javier Pardeiro volven á senda da vitoria.


Cunha nutrida expectación nas bancadas, Vista Alegre presenciou un partido con dous períodos moi diferentes. As ourensás saltaron á pista da bomboneira con moitas ganas. Antes de cumprirse o primeiro minuto, xa puxeron en apuros a Irene cun lanzamento baixo que pegou no pau e case entra por detrás da gardameta laranxa. Poucos segundos despois, o Ponte Ourense conseguía a única vantaxe que tería nos corenta minutos, grazas a Ceci. Non obstante, as burelistas axiña se recompuxeron e co 1-1 de Lucía (minuto 4) o encontro volveu comezar cunha presión acérrima por ambas as dúas partes e a igualdade como tónica.


A undécima xornada da elite feminina regresou do descanso na bomboneira co rexurdimento laranxa. Lidia foi a encargada de marcar a pauta da segunda parte; o 2-1 chegou aos 11 segundos de retomar o xogo, tras un rexeitamento da porteira ourensá. Despois Dolo (minuto 27) e Ro (minuto 29) practicamente sentenciaban o duelo, co 4-1. A falta de 11 minutos para o asubío final, a reacción ourensá centrouse no ataque de cinco, estratexia coa que só puideron materializar o 4-2 (minuto 33), que axiña Dolo (minuto 36) transformaría no 5-2 definitivo.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.