Os de Suso Rey despídense da Semana Eypar de Melide con espectáculo de goles
Os pupilos de Suso Rey despedíronse onte da Semana Eypar de Melide con espectáculo de goles ante o conxunto anfitrión, Jim Sports Melide FS. Na terceira cita da pretempada, os laranxas regresaron á Mariña cun resultado de 2-14.
O salto de categorías entre Autonómica e Prata reflectiuse na pista nun encontro no que o Burela FS tamén deu claras mostras da súa melloría no transcurso da pretempada, coa intervención do canteirán Brais baixo os paus. O protagonismo goleador repartiuse entre as novas caras de Esteller (4), Víctor Cachón (3) e Adri Gaona (3), o benxamín laranxa, Manu (3), e o veterano Minu (1).
A bucina do descanso chegou con 1-4. A segunda parte mantivo a dinámica de ataque laranxa, mitigada tan só polo segundo gol dos locais, que con 2-9 xa non puideron frear a furia dos da Mariña.
CELSO CURRÁS. Os burelaos volverán verse as caras co honorable Marfil Santa Coloma mañá, nas semifinais do VI Memorial Celso Currás de Trabada. A partir das 18.30 horas, no pavillón municipal, o Burela FS buscará o desquite ante os barceloneses, que se impuxeron aos mariñáns por 3-2 na Semana Eypar de Melide.
Ficha técnica
Jim Sports Melide FS: Tapi, Manuel Casal, Borja Casal, Sergi e Fernando; tamén xogaron Manito, Javi, Carlos Quini, Bareto e Peque.
Burela FS: Brais, Esteller, Minu, Paleta e Adri Gaona; tamén xogaron Manu, Víctor Cachón, Christian e Purao.
Goles: 0-1, minuto 4, Adri Gaona; 0-2, minuto 9, Víctor Cachón; 0-3, minuto 13, Esteller; 0-4, minuto 16, Minu; 1-4, minuto 18, Sergi; 1-5, minuto 22, Esteller; 1-6, minuto 25, Manu; 1-7, minuto 26, Adri Gaona; 1-8, minuto 27, Víctor Cachón; 1-9, minuto 28, Manu; 2-9, minuto 29, Manuel Casal; 2-10, minuto 32, Víctor Cachón; 2-11, minuto 32, Esteller; 2-12, minuto 35, Manu; 2-13, minuto 39, Esteller; 2-14, minuto 39, Adri Gaona.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas