28/09/2013

Primeira vitoria das laranxas, con hat-trick de Lidia

Primeira vitoria das laranxas, con hat-trick de Lidia

O Burela FS Pescados Rubén conseguiu a primeira vitoria da liga esta tarde na visita á pista do novel Valdetires Ferrol FSF. Na segunda xornada, con ambiente de derbi autonómico, as pupilas de Quico Otero fixeron valer a súa experiencia na categoría para dominar o xogo e o electrónico, con hat-trick de Lidia Mesías. Co 2-4 a favor, o cadro laranxa xa suma 4 puntos.



Malia xerar ocasións desde o inicio, as laranxas viron como o Valdetires foi o primeiro en atopar a portería rival, no minuto 10, a balón parado. Pouco lles durou a alegría ás locais; cun preciso lanzamento desde fóra da área, a capitá burelista empatou no 12 e un minuto despois volveu facer gala do seu olfato goleador coando polo medio, entre a defensa, un disparo afastado. Con 1-2 e o paso dos minutos, a escuadra mariñá foi gañando en control, sen sufrir perigo sobre a súa área.



Tras o descanso, as laranxas tiveron que aplicarse máis en defensa debido a certas faltas de entendemento. Precisamente nun erro de pase chegou o empate 2-2 para as ferrolás, aproveitado por Erika (minuto 24). Pero esta era a tarde da capitá, que culminou unha excelente condución de Maite pola banda (minuto 28). O tanto da tranquilidade, 2-4, foi autoría de Lara, nun pase ao segundo pau tamén desde o lateral (minuto 34). Na recta final, as mariñás souberon marcar os tempos para garantirse os ansiados tres puntos.



Novo derbi. O vindeiro sábado o Burela FS Pescados Rubén estreará derbi galego na casa, coa visita do Cidade das Burgas, o sábado 5, ás 18.30 horas.




Ficha técnica



Valdetires Ferrol FS: Iria, Melissa, Carolina, María e Erik, quinteto inicial; tamén xogaron Tere, Jessica, Andrea, Diana e Alejandra



Burela FS Pescados Rubén: Patri, Peque, Maite, Bea Mateos e Lidia Mesías, quinteto inicial; tamén xogaron Claudia e Lara



Goles: 1-0, minuto 10, Erika; 1-1, minuto 12, Lidia Mesías; 1-2, minuto 13, Lidia Mesías; 2-2, minuto 24, Erika; 2-3, minuto 28, Lidia Mesías; 2-4, minuto 34, Lara



Árbitros: Roberto Aitor Vizoso // Rodrigo Fernándeaz Pita (Ferrol)

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.