08/02/2014

O Burela golea ao Valdetires no derbi galego

O Burela Pescados Rubén vence no derbi galego con absoluta claridade ao Valdetires Ferrol por un contundente 9-2. O duelo entre mariñanas e ferrolanas foi unha película previsible na que a superioridade laranxa plasmouse na pista sen excesi
O Burela golea ao Valdetires no derbi galego
Lidia comezou o choque cun disparo ao pau no minuto inicial, primeiro aviso local que na segunda ocasión non perdoou e Peque marcou o 1-0, minuto 3. As departamentais esperaban encerradas buscando a súa ocasión que apareceu nun contragolpe. Uxía empatou o derbi (1-1) superado o ecuador do primeiro periodo pero simplemente resultou un espellismo xa que na recta final o Burela Pescados Rubén impuxo a súa calidade para situarse con vantaxe de 4-1. Daniela, Peque e Bea Mateos liquidaron a opción de sorpresa visitante con tres goles que permitiron unha cómoda vantaxe (4-1) ao descanso. Na continuación, o acerto laranxa mantívose e Cristina ampliou a renda (5-1), minuto 22, dando paso a un vendaval goleador. O Valdetires buscou no xogo de cinco contemporizar o acoso local pero Bea, desde propia pista, Cristina e Peque volveron a marcar situando un contundente 8-1, minuto 28 de encontro. Ata o final pelexaron as ferrolanas que tiveron o seu premio co 8-2 conseguido por Meli pero Bea Mateos marcou o definitivo 9-2 no minuto 40, acadando un hat trick ao igual que a pichichi da competición, Peque. Ficha técnica Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Bea Mateos, Daniela, Peque, Lidia –cinco inicial- Claudia, Lara, Cristina, Silvia. Valdetires Ferrol FSF: Iria, Didi, María, Meli, Ale –cinco inicial- Erika, Elenita, Uxía. Goles: 1-0, m.3, Peque; 1-1, m.12, Uxía; 2-1,m.16, Daniela; 3-1, m.17, Peque; 4-1, m.19, Bea Mateos; 5-1, m.22, Cristina; 6-1,m.23, Bea Mateos; 7-1, m.24, Cristina; 8-1, m.28, Peque; 8-2,m.37, Meli; 9-2, m.40, Bea Mateos. Árbitros: Villanueva Blanco, Castro Bermúdez. Lugo Tarjetas: Amosaron cartón amarelo a Elenita, m. 20, do Valdetires Ferrol. Incidencias: Partido correspondente á xornada 17 da Primeira División. Pavillón Vista Alegre de Burela. 500 espectadores.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.