19/08/2015

Cara e cruz de puntería en Luarca

Cara e cruz de puntería en Luarca

O Burela FS Pescados Rubén cumpriu co seu primeiro compromiso de pretempada onte en Luarca cun triangular con cara e cruz de puntería laranxa.



A escuadra de Daniel Ibañes topouse con dous rivais acazapados; fronte a Occidente de Asturias o dominio reflectiuse á perfección no marcador, con dous tantos dun correctísimo Chino, adornados por un precioso disparo de Renato desde 30 metros, que sorprendeu o meta rival, en posición adiantada. Con Boal, os laranxas bateron contra a súa falta de acerto de cara á portería; o partido decantouse polos asturianos no último minuto, nunha xogada de estratexia en saque de falta desde a banda, que materializou Luisín.



O Boal, que tamén se impuxo ao conxunto de Occidente de Asturias no primeiro partido (3-1), alzouse co título.



Noia, de Segunda B, será o próxima rival dos mariñanos o sábado, 22 de agosto, na Fonsagrada (18.30 horas).



Burela FS 3-0 Occidente de Asturias



Burela FS Pescados Rubén: Álex, Iago Míguez, Chano, Chino e Jorge, cinco inicial; tamén xogaron Isi, Iago Rodríguez, Carlitos, Antoñito, Renato, Rubén, Daniel, Hélder



Occidente de Asturias: Luis Manuel, Tomás, Pedro, Isaac, Daniel Fernández, cinco inicial; tamén xogaron Malles, José Ramón, Abel, Valdés, Tino, Míchel, Héctor



Goles: 1-0, minuto 1, Chino; 2-0, minuto 13, Chino; 3-0, minuto 16, Renato



Burela FS 0-1 Boal



Burela FS Pescados Rubén: Edu, Iago Míguez, Isi, Iago Rodríguez, Chano, cinco inicial; tamén xogaron Renato, Jorge, Chino, Antoñito



Boal: Nono, Borja, Luisín, Adrián, Jonás, cinco inicial; tamén xogaron Israel, Adel, Javier, Juan, Iván, Samuel, Pirri



Goles: 0-1, minuto 20, Luisín



 

Noticias destacadas

Meira regresa ao Burela FS “para escribir unha nova historia e rematar algo que quedou incompleto”

O ala-peche brasileiro, que aportará disciplina táctica, experiencia e continuidade en ataque, é a sexta incorporación do conxunto laranxa

O Burela FS masculino incorpora traballo e velocidade co ala madeirense Marquinho

O portugués, que procede do KS Eurobus Przemysl polaco, convértese na quinta fichaxe do conxunto preparado por David Rial

A burelá Cris Blanco tamén se apunta a Primeira

A ala-peche canteirá, que debutou na máxima categoría con 15 anos, regresa á Primeira Iberdrola “con moitas ganas e ilusión”