28/08/2015

Palma Futsal clasifícase para a final do Torneo E para comer Lugo logo de vencer nos penaltis ao Santiago Futsal

A primeira semifinal do Torneo E para comer Lugo saldouse co pase á gran final do Palma Futsal tras vencer na quenda de penaltis por 7-6 logo de finalizar o partido con empate a cero goles. O duelo comezou cun ritmo trepidante aínda que sen
Palma Futsal clasifícase para a final do Torneo E para comer Lugo logo de vencer nos penaltis ao Santiago Futsal
O Palma Futsal tomou o mando nos primeiros compases cunha presión alta que os compostelans lograron conter. O dominio insular puido ter réditos nun par de accións pero Marcos Vara evitou que se abrise o marcador. A resposta galega tivo a firma de Diego Quintela que tras roubar o balón encarou a Sarmiento que gañou o pulso. Os pupilos de Santi Valladares comezaron a sacudirse a presión, equilibrando a posesión e soltando algún zarpazo á contra. No tramo final o Palma Futsal recuperou o control do xogo e con posesións longas minimizou a presión do Santiago que tivo nas zapatillas de Alex Diz a ocasión inaugurar o marcador. Vadillo respondeu intentando sorprender a Marcos Vara desde a súa propia pista pero o meta galego evitou o tanto. Co empate inicial chegouse ao descanso e na continuación a igualdade foi a tónica dominante. O ritmo descendeu en ambos conxuntos e o partido era máis aberto por momentos aínda que sen moitas oportunidades de gol. Os santiagueses amosáronse máis incisivos en ataque pero sen recompensa. No minuto 38, Juanito apostou por xogo de cinco con Vadillo pero sen premio. O choque finalizou co marcador inicial e na quenda de penaltis impúxose o Palma Futsal por 7-6 con protagonismo de Carlos Barrón e Marcos Vara que detiveron varios penaltis. O propio Carlos Barrón marcou o penalti decisivo tras fallar o meta compostelán Iker. Ficha técnica Santiago Futsal: Marcos Vara, Dani, Iván Rumbo, Quique, Alex Diz -cinco inicial – Ismael, Pablo Mel, Santi, Antonio Diz, Diego Quintela, Dani Quintela, Iker. Palma Futsal: Nico Sarmiento, Vadillo, Joselito, Paradynski, Chicho -cinco inicial- Attos, Sergio, Tomaz, Pizarro, Tripodi, Carlos Barrón. Goles: Sen goles durante o partido. Penaltis. Santiago Futsal: Quintela, gol. Dani Montes, para Barrón. Alex Diz, para Barrón. Santi, para Barrón. Mel, gol. Iván Rumbo, gol. Quique, gol. Isma, gol. Dani Quintela, gol. Iker, fuera. Palma Futsal: Vadillo, gol. Pizarro, ao paoo. Paradynski, para Marcos Vara. Tomaz, para Carlos Vara. Tripodi, gol. Joselito, gol. Chicho, gol. Sergio, gol. Attos, gol. Carlos Barrón, gol. Incidencias: Primeira semifinal do I Torneo E para comer, Lugo. Pavillón Vista Alegre de Burela. Presenza no palco de autoridades do seleccionador español de Fútbol Sala, José Venancio López Hierro.

Noticias destacadas

O á destro catalán, de 24 anos, exercitouse onte por primeira vez cos seus novos compañeiros e xa poderá ser aliñado este venres en Pamplona por David Rial

Dura primera parte para as mariñanas e máis igualado o segundo tempo no que moitas das numerosas ocasións que tiveron se viron frustradas polo papelazo da MVP do partido, Bia da Silva.