12/11/2016

Derrota burelista en La Salobreja

O Xaén Paraíso Interior vence ao Pescados Rubén Burela por 5-2 nun duelo no que os andaluces aproveitaron as concesións visitantes para remontar o tanto incial da escuadra mariñá.
Derrota burelista en La Salobreja
Comezou o partido coa Salobreja rexistrando o cartel de non hai billetes e nos primeiros compases observou como os burelistas levaron a iniciativa para conseguir abrir o marcador por mediación de Cuco, minuto 1. Os mariñaos realizaron unha posta en escena brillante pero co paso dos minutos o Jaén Paraíso Interior tomou o pulso do partido e reaccionou co empate conseguido por Chino, minuto 11. A igualada xienense desconcertou a un Pescados Rubén errático que entregou en bandexa a remontada local, José López marcou o 2-1 nunha acción desafortunada de Álex e Campoy enviou un potente zurdazo á escuadra tras unha concesión burelista. O 3-1 revitalizou a un Jaén Paraíso Interior que se apropiou do partido e rematou a faena co 4-1 nun contragolpe guiado por Mauricio e culminado por Javi Alonso, minuto 19. Ao descanso chegouse co 4-1 e na segunda parte repetiuse o guión inicial, a escuadra mariñá saltou con máis agresividade pero os andaluces lograron conter as súas embestidas cunha boa defensa e cun Dídac moi seguro toda a tarde. Trala acometida visitante chegou a quenda dos locais que gozaron dun penalti cometido por Álex que Solano enviou alto. Tras un tempo morto no minuto 29, o Pescados Rubén recorreu ao xogo de cinco para cambiar a dinámica do partido pero sen fortuna na definición, Matamoros estrelouse por dúas veces con Dídac que lograba manter a cómoda renda do seu equipo. O meta catalán adornou a súa boa actuación cunha gran asistencia a Campoy que recolleu un balón longo de Dídac para marcar a porta baleira o 5-1 que sentenciaba o partido, minuto 37. Iago Míguez logrou recortou distancias e o resultado final (5-2) declarou xustos vencedores aos andaluces. Ficha técnica Jaén Paraíso Interior: Dídac, José López, Campoy, Mauricio, Mauricinho, Chino –cinco inicial- Javi Alonso, Felipinho, Solano, Dani Martín, Murga. Pescados Rubén Burela FS: Álex, Bellvert, Iago Rodríguez, Cuco, Antoñito -cinco inicial- Isi, Matamoros, Hélder, Renato. Goles: 0-1, m.1, Cuco; 1-1, m.11, Chino; 2-1, m.14, José López; 3-1, m.14, Campoy; 4-1, m.19, Javi Alonso; 5-1, m.37, Campoy; 5-2, m.39, Iago Míguez. Árbitros: Rodrigo Miguel, Sánchez Molina. No Pescados Rubén Burela amosaron cartón amarelo a Matamoros, Iago Rodríguez, Hélder e Renato, dobre amarelo e expulsado (m.40). No Xaén Paraíso Interior amosaron cartón amarelo a Mauricio.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.