21/04/2018

Un gran Pescados Rubén toma a revancha ante Poio con recital goleador (7-1)

Un gran Pescados Rubén toma a revancha ante Poio con recital goleador (7-1)
“O equipo ofreceu unha imaxe de 10; finalizamos ben, aproveitamos a estratexia e sobre todo foi un partido de gran labor defensivo” así valoraba o técnico Julio Delgado a gran vitoria do Pescados Rubén Burela FS da xornada 25 fronte ao Poio Pescamar (7-1). As mariñáns tomaron a revancha da Copa Galicia cun recital goleador e durmirán líderes, xunto a Universidad de Alicante, á espera do desenlace de mañá entre Ourense Envialia e Atlético de Madrid.

Lara puxo a súa firma no gol 1000 de Pescados Rubén Burela FS en Primeira División para estrear o luminoso; transcorría o minuto 6. A viveirense subiu o 1-0 asistida por Cami tras contragolpe iniciado por Dany. A capitá Bea Mateos, pegada ao pau, empuxou o pase de Cilene para anotar o 2-0, antes de chegar á medianía da primeira parte. Mónica, no 11, evitou co pé o terceiro, en tentativa de Dany polo centro, que pouco se fixo esperar. No 12, Lara, en xogada de estratexia iniciada de Cilene, selou en 3-0. Cando as pupilas de Julio Delgado e Lucas se preparaban para o xogo de cinco, con cinco faltas, para aguantar a pelota, chegou a oportunidade das pontevedresas, que conseguiron reducir distancias a falta de 43 segundos para o descanso; Iria Saeta aproveitou o rexeite do dobre penalti lanzado por Ceci para o 3-1.

Monólogo laranxa na segunda parte. Jenny, en colaboración con Cami, a punto estivo de marcar o cuarto das galegas xa no minuto 22, salvado pola defensa pontevedresa na liña de meta. Dany sentenciouno no 25, recortando desde a lateral; antes Cilene xa o había intentando cun potente disparo que salvou Mónica coas mans. Lara ampliou a festa no 29, en hattrick, nunha rápida transición iniciada por Jenny que continuou Bea Mateos. Con pouco máis de nove minutos por diante e sen apenas chegar á rede de Jozi, o Poio recorreu á porteira xogadora. No 34, Dany, en contra iniciada por Jenny, e Lara, a punto estiveron de ver o sexto na cuadrícula burelista. Tras a segunda amarela para Jenny, no 35, o Pescados Rubén soubo conter a avalancha de cinco para tres. A falta de 1’24” para o final, Jozi selou o 6-1 a porta baleira, de portería a portería. A brasileira aínda tivo outra ocasión restando 26 segundos. O sétimo, 9 segundos, sentenciouno Cami, de novo sen custodia na rede visitante.

Ficha técnica

Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Cami, Jenny, Bea Mateos, cinco inicial; tamén xogaron Lara, Cilene, Tai, Sara Correia, Judith, Julia

Poio Pescamar FSF: Mónica, Ale de Paz, Jenni, Iria Saeta, Ceci; tamén xogaron Delise, Daniella, Carol, Patri Curral

Goles: 1-0, minuto 6, Lara; 2-0, minuto 9, Bea Mateos; 3-0, minuto 12, Lara; 3-1, minuto 20, Iria Saeta; 4-1, minuto 25, Dany; 5-1, minuto 29, Lara; 6-1, minuto 39, Jozi; 7-1, minuto 40, Cami

Árbitros: Vilas López // Novoa García (Galicia). Por Burela dobre amarela para Jenny, amarela a Bea Mateos. Por Poio amarela a Iria Saeta

Incidencias: Partido correspondente á xornada 25 de Primeira RFEF disputado no pavillón Vista Alegre ante preto de 800 persoas.

Noticias destacadas

Un Pescados Rubén Burela FS con altibaixos sofre en Mengíbar pero logra puntuar e afianzar ese terceiro posto na clasificación.

Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro.

Compricado encontro para o Burela que remata remontando un partido cheo de altibaixos para o conxunto mariñán.