01/09/2018

O Pescados Rubén, subcampión xuvenil do Burela Bonita

O Pescados Rubén, subcampión xuvenil do Burela Bonita
Insulares e mariñáns protagonizaron unha final rifada e emocionante na estrea da categoría xuvenil do Burela Bonita, cun máis que axustado 3-4 para o Palma Futsal.

Domingos, o capitán do Pescados Rubén Burela FS, devolveu as táboas ao marcador, no 13, tan só dous minutos logo de adiantarse o Palma. O maior perigo sobre a rede viviuse na recta final antes do descanso, dous minutos nos que Aarón volveu neutralizar a iniciativa dos visitantes e Domingos púxose por diante, con nova afronta de insulares. A fortuna deulles as costas aos laranxas, fronte a un rival que se agarrou ao electrónico co 3-4 no minuto 26. Os de Christian Fustes apostaron por xogo de cinco, acariñando o empate nos últimos compases.

A tarde empezou coa pelexa polo terceiro e cuarto posto, que caeu ao lado do Santiago Futsal nos penaltis, tras unha cita tamén moi igualada con EDM Concello de Guitiriz, que acabou con 4-4 no tempo regulamentario.

Noticias destacadas

Meira regresa ao Burela FS “para escribir unha nova historia e rematar algo que quedou incompleto”

O ala-peche brasileiro, que aportará disciplina táctica, experiencia e continuidade en ataque, é a sexta incorporación do conxunto laranxa

O Burela FS masculino incorpora traballo e velocidade co ala madeirense Marquinho

O portugués, que procede do KS Eurobus Przemysl polaco, convértese na quinta fichaxe do conxunto preparado por David Rial

A burelá Cris Blanco tamén se apunta a Primeira

A ala-peche canteirá, que debutou na máxima categoría con 15 anos, regresa á Primeira Iberdrola “con moitas ganas e ilusión”