A quinta praza rioxana, no punto de mira das laranxas

O Burela FSF Pescados Rubén parte hoxe con rumbo a Logroño para medirse nun duelo moi igualado ao Diamante La Rioja. Mañá, a partir das 18.00 horas, as anfitrioas defenderán a súa quinta praza (51 puntos) no Palacio dos Deportes ante as laranxas, que pelexarán por reducir a distancia, dende o sexto posto (46 puntos).
Despois da escalada proporcionada pola rotunda vitoria ante o Castelledefels (9-0), as pupilas de Javier Pardeiro buscarán repetir o triunfo da primeira volta, cando se impuxeron por 4-1 ás rioxanas. No entanto, o Diamante non lles porá as cousas fáciles posto que é un rival moi sólido na casa; no que vai de segunda volta, a súa fortaleza como local tan só foi neutralizada polo UCAM Murcia (3-8) hai un par de semanas.
Mirando o resto da táboa, poñen en perigo o estatus burelista, por detrás, Atlético de Madrid (45 puntos), que visita o Castelldefels, penúltimo, e Valladolid (44 puntos), que recibe Kupsa 4 Arcos Logroño, duodécimo.
Para a cita da trixésima xornada de Honra, Javier Pardeiro non acusará mingua de efectivos, fronte ás baixas diamantinas de Garu e Andrea, anunciadas dende o propio club.
Burela FSF-Móstoles. A entidade laranxa colgará a etiqueta da solidariedade no emocionante duelo da próxima semana en Vista Alegre, entre o Burela FSF e o Móstoles FSF, terceiro clasificado. Deste xeito, a recadación do encontro vai ser destinada integramente á asociación de discapacitados Camiña de Burela, coa que o club mantén unha estreita colaboración dende hai anos.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas