08/07/2021

Brillo laranxa na lista da Selección Española

Xunto ás novas caras mariñás, Irene Samper e Elenita, tamén estarán na concentración de agosto Peque, Ale de Paz e Dany.
Brillo laranxa na lista da Selección Española

A Selección Española Feminina de Fútbol sala continúa traballando para o próximo Preeuropeo e sen dúbida o brillo é laranxa. Un total de 5 xogadoras do Pescados Rubén Burela FS formarán parte da concentración de 16 prevista para o mes de agosto. Xunto ás caras novas mariñás, Irene Samper e Elenita, estarán dúas asiduas, Peque e Ale de Paz, coa hispano-brasileira Dany.  

O combinado nacional aloxarase na Cidade do Fútbol de Las Rozas entre o mércores 18 e o domingo 5 de setembro. Farao seguindo as directrices marcadas polas autoridades sanitarias para loitar contra a COVID-19, en xeito burbulla.  

A Absoluta viaxará ata a República Checa para enfrontarse nun dobre duelo de preparación contra o combinado checo. Os partidos disputaranse os días 3 e 4 de setembro nas cidades de Praga e Pilsen. 

Noticias destacadas

O á destro catalán, de 24 anos, exercitouse onte por primeira vez cos seus novos compañeiros e xa poderá ser aliñado este venres en Pamplona por David Rial

Dura primera parte para as mariñanas e máis igualado o segundo tempo no que moitas das numerosas ocasións que tiveron se viron frustradas polo papelazo da MVP do partido, Bia da Silva.