22/07/2022

BRUNO CONTINUARÁ NAS FILAS DO PESCADOS RUBÉN BURELA

O xoven porteiro burelés, terá a oportunidade de mostrar os seus talentos na seguinte tempada
BRUNO CONTINUARÁ NAS FILAS DO PESCADOS RUBÉN BURELA

Venres 22 de xullo. O xoven gardameta burelense continuará a seguinte campaña no conxunto laranxa. Bruno, encargarase de defender a portería na tempada 22-23 en segunda división.

Provén das categorías inferiores do clube e non fai moito, conseguía un título moi importante converténdose en Campión de Liga División de Honra Xuvenil 2017-18. 

É un porteiro con moita proxección debido á súa idade, e o clube confía no seu talento para evolucionar e que sexa importante. Na súa experiencia en primeira división fixo boas actuacións, demostrando que pode ser capaz de medirse a rivais de nivel e ofrecer garantías na portería. 

É un exemplo como outros do equipo que no club prima a mocidade e a canteira, dándolles oportunidades debido ao seu traballo e esforzo. 

A meta do equipo mariñán estará cuberta por porteiros de garantía, e Bruno seguirá tendo a oportunidade de amosar os seus talentos e habilidades.

Noticias destacadas

O á destro catalán, de 24 anos, exercitouse onte por primeira vez cos seus novos compañeiros e xa poderá ser aliñado este venres en Pamplona por David Rial

Dura primera parte para as mariñanas e máis igualado o segundo tempo no que moitas das numerosas ocasións que tiveron se viron frustradas polo papelazo da MVP do partido, Bia da Silva.