22/04/2021

Burela e a Selección Española: Nosas deportistas internacionais absolutas

A Selección Española de Fútbol sala feminina volve contar coa luz laranxa
Burela e a Selección Española: Nosas deportistas internacionais absolutas

O fútbol sala cada vez conta cun maior protagonismo, algo totalmente merecido e, co paso dos anos, o fútbol sala feminino ha ido gañando o seu propio espazo, ata o punto de contar cunha selección de Fútbol sala de España cuxa competición daba comezo en 1996. A importancia deste deporte en España é cada vez maior, e a popularidade da nosa liga a nivel mundial tamén crece grazas á calidade das nosas xogadoras e equipos.

Recoñecementos internacionais, como o de mellor equipo de fútbol sala feminino para o Pescados Rubén Burela FS, tamén axudan a visibilizalo.

O combinado español, unha vez máis, terá esencia laranxa. Esta vez serán tres das nosas xogadoras as que tratarán de levar todo o máis alto a España nunha nova tempada marcada polo COVID e todas as circunstancias deportivas que a envolven. Pero este é o mellor momento para poder presentarvos a Ale de Paz, Dany e Peque. 

Ale de Paz

Para Ale ser convocada non é unha novidade debido a que se trata da segunda convocatoria desta tempada. Tras disputar os amigables de Portugal fronte a unha das súas compañeiras, Jenny, a xogadora do Pescados Rubén Burela FS formará unha vez máis parte da Absoluta Feminina Sala. 

Dany Domingos

Natural de Sao Paulo, Dany é unha das nosas xogadoras estrela. A historia da hispano-brasileira co Pescados Rubén Burela FS uniuse hai anos para tomar un posto de pivote que sabe defender á perfección. Por iso, ser convocada é para ela un premio que quere defender e para o que quere estar preparada de principio a fin.

Peque

A segunda mellor xogadora do mundo, Peque, non tivo a oportunidade de participar no amigable contra Portugal debido a unha luxación no ombreiro. Por suposto, este obstáculo no seu camiño non a desanimou, senón que está máis que preparada para afrontar este novo reto e, por suposto, competir á beira das mellores a un altísimo nivel.

Noticias destacadas

O á destro catalán, de 24 anos, exercitouse onte por primeira vez cos seus novos compañeiros e xa poderá ser aliñado este venres en Pamplona por David Rial

Dura primera parte para as mariñanas e máis igualado o segundo tempo no que moitas das numerosas ocasións que tiveron se viron frustradas polo papelazo da MVP do partido, Bia da Silva.