Coñece a Alba Vila, a nutricionista das nosas Guerreiras Laranxas

O traballo constante e o esforzo por mellorar é un dos selos que fan único ao equipo de Pescados Rubén Burela FS, tanto por parte do persoal masculino como por parte do feminino. Agora parece fácil recoñecer os grandes éxitos do equipo, máis aínda cando as Guerreiras Laranxas foron galardoadas como o mellor club de fútbol sala feminino do mundo. Con todo, ao botar a vista atrás, moi poucos podían prever os obxectivos deportivos e sociais alcanzados. Ou, mesmo, ter o privilexio de vivilos en directo, como é o caso de Alba Vila, a nutricionista das nosas queridas guerreiras.
Os camiños do Centro de Dietética e Nutrición de Alba Vila e do equipo feminino de Pescados Rubén Burela FS uníronse hai máis de 10 anos. Sempre con intención de buscar a axuda necesaria para unha xogadora cuxos problemas de saúde requerían do ollo experto dunha nutricionista. O seu bo traballo acabou traendo consigo a outro onde, segundo afirma, “A xogadora fíxoo chapó, recuperouse moi ben. Nun tempo récord.” Desta unión laboral temporal xurdía algo máis, unha relación moito máis profunda.
Alba recoñece que nunca fora unha gran fan do fútbol, de feito non tiña nada que lle chamase o suficiente. Con todo, a súa unión co equipo feminino terminou por convertela en toda unha afeccionada e experta dun deporte que apenas coñecía. “Fun aos poucos enganchándome. Díxenme que bonito é isto. [...] Empecei a ir aos partidos. Porque é que eu hai 10 tempadas, o fútbol… Como que non”.
Por sorte, o camiño das Guerreiras e o de Alba tiña algo marabilloso por ofrecer. “Engancheime de tal forma que xa lles dixen ao pouco ‘mira, isto é unha pasada. Eu non sabía que o fútbol sala era tan bonito’”. Disto non só nacía unha nova paixón, senón tamén unha colaboración. “Empecei a colaborar cada vez máis con eles. [...] Da confianza que collemos e a amizade que fixemos, empezaron a vir todas os xogadores e xa non houbo parada. E dixen ‘mira, eu quero colaborar tamén economicamente, quero axudar en todo o que poida’”.
O seu traballo co club é de gran importancia xa que desde a súa clínica encárganse do coidado das xogadoras. Isto pódelles permitir non só manter un equilibrio adecuado na súa alimentación, senón tamén previr as lesións. Como? A base dunha correcta dieta na que manter o control entre as graxas e o músculo. “Canto máis porcentaxe de músculo teñan, maior protección fronte ás lesións deportivas”.
Por suposto, a súa clínica non se centra unicamente nas Guerreiras, calquera persoa pode solicitar os seus servizos e recibirá a mellor atención personalizada. Adultos con problemas de peso, nenos e mesmo xente que necesita unha táboa de alimentos adecuada. “En todas as consultas personalizamos os tratamentos. Non é o mesmo unha xogadora de alto rendemento que un neno que come mal e que ten sobrepeso. [...] Cos nenos traballo dunha maneira e que estean a gusto. Que non me vexan como un médico, senón como unha compañeira”.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas