09/10/2021

Contundente vitoria en Esplugues 1-7

As puplias de Lucas encamiñaron a cita na primeira parte con 0-4.
Contundente vitoria en Esplugues 1-7

As Guerreiras Laranxas resolveron a cuarta xornada de liga cunha vitoria contudente ante Penya Esplugues (1-7), encamiñando á perfección na primeira parte, con 4 das 7 dianas. O Pescados Rubén Burela recibe así con boas sensacións o descanso polo Preeeuropeo de Suecia; a competición volverá o día 30.

Ale de Paz estreou o luminoso antes de cumprirse o segundo minuto de xogo, aínda que foran as locais as primeiras en avisar, con Pilar. Peque e Dany ampliaron a renda antes do ecuador. Raquel aplicouse baixo paus para frear a insistencia laranxa, pero nada puido facer ante o gol da xornada, cunha picada da capitá burelista, nunha perfecta combinación con Dany. Aínda restaban case tres minutos para o descanso e Cilene tivo tempo de avisar con moito perigo.  

O conxunto galego non deixou respirar as catalás. Regresou Emilly cun gran caneo; tras o man a man de Cami e Raquel, Peque a punto estivo de ver o quinto. Tamén fixeron méritos Bea Mateos e Dany. As mellores de Penya chegaron no 31, con Aina Torrents rozando o pau. Quixeron frear as laranxas as intencións das locais, co quinto de Dany no minuto 35, pero o conxunto catalán tirou de coraxe para anotar segundos despois o gol da honra, con Celia Catá. Completaron a renda Cilene, de penalti no 38, Peque a tan só 30 segundos para a bucina final.  

Ficha técnica  

AE Penya Esplugues: Raquel, Martita, Aitana, Pilar, Marta, cinco inicial; tamén xogaron Anita, Celia, Belén, Ruth, Lara, Cecilia  

Pescados Rubén Burela FS: Sandra Buzón, Peque, Cami, Ale de Paz, Emilly, cinco inicial; tamén xogaron M. Cortés, Elenita, Bea Mateos, Dany, Cilene, Lara Balseiro, Jozi Oliveira  

Goles: 0-1, minuto 2, Ale de Paz, 0-2, minuto 7, Peque; 0-3, minuto 9, Dany; 0-4, minuto 18, Peque; 0-5, minuto 35, Dany; 1-5, minuto 38, Cilene (penalti); 1-7, minuto 40, Peque.  

Árbitros: Alberto Centeno Bono // Jordi Centeno Bono. Por Penya vermella para Belén (minuto 38). 

Incidencias: Partido correspondente á xornada 4 de Primeira RFEF Feminina disputado en Les Moreres. 

 

Noticias destacadas

O á destro catalán, de 24 anos, exercitouse onte por primeira vez cos seus novos compañeiros e xa poderá ser aliñado este venres en Pamplona por David Rial

Dura primera parte para as mariñanas e máis igualado o segundo tempo no que moitas das numerosas ocasións que tiveron se viron frustradas polo papelazo da MVP do partido, Bia da Silva.