22/02/2022

O campión irmandiño nun novo desafío copeiro

O Pescados Rubén estréase na XXX edición, en cuartos final, visitando o Lugo Sala.
O campión irmandiño nun novo desafío copeiro

O Pescados Rubén Burela FS, actual campión de Copa Galicia, estrearase mañá nunha nova edición da cita irmandiña, e xa é a trixésima, coa visita a Lugo Sala (21.00 horas, municipal de Lugo), en cuartos de final. 

“Chegamos con moitas ganas e ilusión a unha competición que sempre é especial para nós. É un equipo ao que nunca nos enfrontamos pero no que temos antigos compañeiros. Sabemos que chegará moi motivado, sen dar ningún balón por perdido”, explicaba unha das Xoias Laranxas, Renato, dun rival que atravesa un momento moi doce liderando a Terceira División e que chega a esta fase tras impoñerse a Concello de Begonte (1-3), Xove (5-3) e Grupo Forma-T Vilalba (3-5).  

“Levamos unha semana moi dura. O cambio de competición viranos ben para cambiar de chip e intentar unha maior fortaleza para o regreso á liga” explicaba o 12 burelista tras unha semana de máxima esixencia e na que os resultados non conseguiron o paso adiante que buscaban os mariñáns. 

Se non xorden imprevistos no adestramento desta tarde, Alberto Riquer terá á súa disposición a todos os efectivos, a excepción de Rikelme, que arrastra molestias por unha escordadura de nocello. 

Noia e Carballiño, semifinalistas 

No caso de saír vitoriosos, os mariñáns terán que medirse ao Noia na seguinte eliminatoria, que gañou o billete para as semifinais tras impoñerse 1-11 ao Sala Ourense. Tamén conseguiu a praza Carballiño, con 5-4 sobre Jerubex Santiago; os ourensáns mediranse ao vencedor de 5Coruña-O Parrulo, encontro aprazado do 16 de febreiro por protocolo Covid-19.

 

A rolda de semifinais será a ida e volta, con datas previstas para o 1 de marzo e 3 de maio.  

Noticias destacadas

O á destro catalán, de 24 anos, exercitouse onte por primeira vez cos seus novos compañeiros e xa poderá ser aliñado este venres en Pamplona por David Rial

Dura primera parte para as mariñanas e máis igualado o segundo tempo no que moitas das numerosas ocasións que tiveron se viron frustradas polo papelazo da MVP do partido, Bia da Silva.