15/09/2022

O CD Burela FS pasa á semifinal na Copa Galicia

Logran un contudente resultado 2-10 fronte ao 5 Coruña
O CD Burela FS pasa á semifinal na Copa Galicia

Xoves 15 de Agosto. O conxunto mariñán consegue unha dose extra de moral para o inminente partido ligueiro do sábado despois de lograr este contundente triunfo.

Partido de dominio do CD Burela FS absoluto, que ía irse ao descanso cunha solvente vantaxe. Abriría o marcador a brasileira Emilly no minuto 4. A partir dese momento, Irene Samper anotaría ata catro goles, sendo en grao sumo destacable en ataque. 

O primeiro da súa conta no minuto 5 cun Roubo de Patricia que a acaba asistindo. Despois, no 7, ela mesmo roubaría o balón a 15m da portería e finalizaría en gol. Por último, anotaría o seu terceiro e cuarto no 16 e 17 respectivamente, noutras accións parecidas con imprecisións do equipo visitante que acabarían en gol. Iríanse as laranxas 0-5 ao descanso.

A segunda parte comezaría co 5 Coruña recortando distancias por partida dobre, primeiro con gol de Ainhoa no minuto 23 e despois, Toro no 24. Con todo, minutos despois Antía anotaría o sexto do CD Burela FS con outro roubo de balón cunha boa presión de Patri que asiste esta ocasión á número 10. 

Seguidamente anotaría o quinto na súa conta particular Irene Samper, recibindo un pase ao segundo pau. Seguirían aumentando a vantaxe as laranxas, cun xogadón de Peque que acaba Emilly para poñer o oitavo, e posteriormente Peque, tras unha xogada fantástica combinada chegaría o noveno. Por último o décimo seria anotado por Dasha, asistida por Jenny no que sería o definitivo 2-10.

 

Ficha técnica

CD Burela FS:  Jozi, Emilly, Peque, Dany, Antía-Cinco Inicial- Patricia, Irene Samper, Cilene , Masha, Jenny, Dasha e Evelina.

5 Coruña: Uxía, Nati S, María B, Toro, Alba C, Saínza, María R, San, Leny, Ainhoa, Alba V, Saray, Carla e Nati B.


Goles:  Min 4 Emilly 0-1; Min 5 Irene Samper 0-2, Min 7 Irene Samper 0-3; Min 16 Irene Samper 0-4; Min 17 Irene Samper 0-5; Min 23 Ainhoa 1-5; Min 24 Toro 2-5; Min 25 Antía 2-6; Irene Samper 2-7; Min 32 Emilly 2-8; Min 33 Peque 2-9; Min 37 Dasha 2-10


Equipo arbitral: Alvaro Cambeiro Lobato, Manuel Dans Rey, Sergio Blanco Gómez

 

Incidencias: Partido de cuartos de final da Copa Galicia disputado no pavillón Novo Mesoiro.

Noticias destacadas

O á destro catalán, de 24 anos, exercitouse onte por primeira vez cos seus novos compañeiros e xa poderá ser aliñado este venres en Pamplona por David Rial

Dura primera parte para as mariñanas e máis igualado o segundo tempo no que moitas das numerosas ocasións que tiveron se viron frustradas polo papelazo da MVP do partido, Bia da Silva.