04/06/2021

Primeiro round ante El Ejido (sábado 5, 18:00 horas)

A cita poderá seguirse en directo por Youtube.
Primeiro round ante El Ejido (sábado 5, 18:00 horas)

Cambio de chip co obxectivo intacto. O Pescados Rubén Burela FS inicia esta fin de semana un novo periplo na súa loita pola merecida permanencia en Primeira. O primeiro round do play out será mañá, na pista do equipo revelación de Segunda, o Durán Ejido Futsal (18.00 horas). A cita poderá seguirse en directo por Youtube. LIGAZÓN  

Despois dun gran maratón con 7 partidos e 1 só tropezo, ante a magnificencia do Barcelona, os mariñáns teñen por diante a oportunidade de seguir competindo na elite, cun máximo de tres encontros por diante. “Asumímolo como unha obrigación pero tamén como unha oportunidade máis, o equipo demostrou que merece estar en Primeira cunha gran recta final, só se nos escapou por 11 segundos, e témolo que aproveitar” explicaba Giasson.  

Durán Ejdo espera os galegos tras unha brillante tempada, como novel na categoría. Accedeu ao play off de ascenso na cuarta praza regular, conseguiu desbancar o líder, Noia Portus Apostoli con 8-1 e 1-2 e forzou o terceiro partido ante Manzanares pola ansiada elite impoñéndose na casa 4-3. “Será unah auténtica final. El Ejido chegou ata aquí por méritos propios. A etiqueta de favorito debe gañarse na pista; aí é onde debemos reflectir a diferenza entre un equipo de Primeira e un de Segunda”, advertía o peche laranxa do rival ao que lle dedicaron horas e horas esta semana: “Individualmente ten moitos xogadores dun contra un, unha defensa sólida e forte, con Josema como referencia. Cos partidos de play off puidémolos coñecer un pouco máis”.  

O Pescados Rubén chega ao primeiro test fronte aos andaluces recuperando forzas e concentrado no gran obxectivo: “O desgaste e o cansazo foi enorme ao longo destas tres últimas semanas, pero puidemos recuperarnos estes días. Animicamente estamos plenamente convencidos de que temos unha oportunidade de ouro por diante e niso estamos implicados. Non a imos deixar escapar. Queremos conseguilo canto antes; imos a por todas para poder certificar a permanencia no regreso a Vista Alegre” advertía o 13 burelista, facendo referencia á continuidade da fase na Mariña, coa segunda cita prevista para o venres 11 (21.00 horas) e se fose necesario o domingo 13 (12.30 horas).  

O conxunto de Sito Rivera adestrará esta tarde, ás 15.00 horas, xa en El Ejido, con todos os seus efectivos a excepción de Lucho, que non poderá participar debido a molestias na rexión inguinopélvica.  

Convocatoria provisional Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 2. Nito, 5. Iago Míguez, 6. Pitero, 7. Javi Rodríguez, 10. Matamoros, 12. Renato, 13. Giasson, 19. Bruno, 20. David Pazos, 22. Álex Diz, 23. Quintela, 24. M. Kaluza 

 

Noticias destacadas

Meira regresa ao Burela FS “para escribir unha nova historia e rematar algo que quedou incompleto”

O ala-peche brasileiro, que aportará disciplina táctica, experiencia e continuidade en ataque, é a sexta incorporación do conxunto laranxa

O Burela FS masculino incorpora traballo e velocidade co ala madeirense Marquinho

O portugués, que procede do KS Eurobus Przemysl polaco, convértese na quinta fichaxe do conxunto preparado por David Rial

A burelá Cris Blanco tamén se apunta a Primeira

A ala-peche canteirá, que debutou na máxima categoría con 15 anos, regresa á Primeira Iberdrola “con moitas ganas e ilusión”