15/02/2022

Semana de duelos directos

Mañá, o Pescados Rubén Burela recupera a xornada 13 en Manzanares (20.30 horas).
Semana de duelos directos

Manzanares, recuperando a xornada 13, será o primeiro dos duelos directos de Pescados Rubén da semana, unha semana de finais, con Fútbol Emotion Zaragoza tamén no horizonte inmediato. A cita de mañá arrincará ás 20.30 horas no Antonio Caba.  

Para os mariñáns será a segunda parada da xira que emprenderon para medirse a Jaén (4-0) o domingo pasado. O conxunto de Alberto Riquer non puido dar continuidade en terras andaluzas ás boas sensacións de Vista Alegre, no empate con ElPozo (3-3). Agora preséntase dobre compromiso crucial. Manzanares, con 8 puntos, marca o inicio da zona sen perigo, 5 puntos por riba dos laranxas.  

Expedición Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 2. Nito, 4. Lucho, 5. Iago Míguez, 6. Pitero, 9. Isma, 12. Renato, 20. David Pazos, 21. Wanderson, 22. Álex Diz, 23. Quintela, 24. M. Kaluza  

Zaragoza, en xornada dominical  

A semana pecharase o domingo (12.00 hora) coa visita ao rival máis directo dos burelistas, o Fútbol Emotion Zaragoza, con 5 puntos nestes momentos. Na ida o enfrontamento quedou en táboas (3-3).

Noticias destacadas

O á destro catalán, de 24 anos, exercitouse onte por primeira vez cos seus novos compañeiros e xa poderá ser aliñado este venres en Pamplona por David Rial

Dura primera parte para as mariñanas e máis igualado o segundo tempo no que moitas das numerosas ocasións que tiveron se viron frustradas polo papelazo da MVP do partido, Bia da Silva.