17/06/2021

Sito Rivera non continuará no Pescados Rubén

O técnico catalán pecha a súa etapa en Burela por razóns persoais.
Sito Rivera non continuará no Pescados Rubén

Sito Rivera non continuará á fronte do Pescados Rubén Burela FS a próxima tempada. O técnico catalán pecha a súa vinculación co club mariñán por razóns persoais, decisión que a estrutura laranxa respecta totalmente, agradecendo todo o seu compromiso e a súa profesionalidade. 

O adestrador de Mataró, que tomou a batuta de Juan Marrube a finais de febreiro, en busca de cumprir co obxectivo da permanencia, despídese da Familia Laranxa agradecendo o trato da entidade e da afección: “Estes tres meses e medio foron un agasallo. Empecei na máxima competición no ano 2000. Despois, en 2007 fun a Xapón coa crise en España; estiven en Romanía, Italia, Hungría, Francia... No meu regreso a España compaxinei equipos próximos á miña localidade coa selección. Con 65 anos e co nivel actual de adestradores, recibín a chamada de Burela con gran alegría e como todo un premio para volver a Primeira División. Impliqueime completamente co obxectivo; de non conseguilo sería unha gran decepción persoal” valoraba así o seu paso polo club da Mariña Sito Rivera: “Foi unha experiencia moi gratificante; este é un club en que te sentes ben e traballas a gusto. Se as miñas circunstancias persoais o permiten nun futuro poderemos volver atoparnos”, puntualizaba o catalán.

Noticias destacadas

O á destro catalán, de 24 anos, exercitouse onte por primeira vez cos seus novos compañeiros e xa poderá ser aliñado este venres en Pamplona por David Rial

Dura primera parte para as mariñanas e máis igualado o segundo tempo no que moitas das numerosas ocasións que tiveron se viron frustradas polo papelazo da MVP do partido, Bia da Silva.