UEFA Women's Futsal EURO 2023: Todo o que tes que saber sobre a Eurocopa Feminina

Xa coñecemos os primeiros datos da fase final da UEFA Women’s Futsal EURO 2023. A competición feminina de máis alto nivel regresa aos pavillóns cunha terceira edición que, tal e como anunciaron desde o Comité Executivo da UEFA, non terá cambios no seu formato. Á selección española tocaralle defender o título tras alzarse co trofeo de campioas nas súas dúas primeiras edicións.
Calendario da UEFA Womens Futsal EURO 2023
A terceira edición da UEFA Women’s Futsal EURO 2023 levará ás mellores seleccións da categoría ata Hungría, tras a celebración do campionato en Portugal nos seus dúas primeiras edicións e nas que a Selección Española derrotou en ambas as finais á selección lusa.
Roldas
Como xa mencionamos, o campionato non sufriu cambios en canto ao seu formato. Unha primeira rolda preliminar con tres grupos de catro selecciones cada un e onde as tres primeiras gañadoras dos grupos, xunto ás dúas mellores, pasan á rolda principal.
As seleccións clasificadas desa primeira rolda uniranse a un total de 11 seleccións, escollidas de acordo á maior clasificación e formando así un total de catro grupos de catro selecciones. As catro primeiras de cada grupo mellor clasificadas darán o salto á rolda final que se celebrará en marzo de 2023.
Seleccións clasificadas para a rolda final
A fase final da UEFA Women’s Futsal EURO 2023 celebrarase do 17 ao 19 de marzo do próximo ano en Hungría. Semifinal e final terán lugar no Főnix Area (Debrecen); estadio no que xa se disputou a UEFA Futsal Masculina en 2010. O estadio conta con capacidade para 6.738 espectadores. Inaugurado en 2002, o Főnix Area tamén deu lugar a eventos deportivos dentro de categorías como baloncesto, balonmán ou ximnasia; incluíndo tamén importantes concertos. Xa coñecemos as seleccións que disputarán a semifinal. España, vencedora do Grupo 1, unirase a Hungría, Ucraína e Portugal para alzarse con esta terceira edición da UEFA Women’s Futsal EURO 2023.
Portugal e España volven ser as claras favoritas para levar o torneo. Ademais de disputar as anteriores finais do campionato, a selección lusa e española encabezan tamén a lista de maiores goleadoras no que vai de campionato con Carla Vanessa (8 goles) e Vane Sotelo (7 goles) en primeira e segunda posición respectivamente.
Categorías
- Actualidade
- Reportaxes
- Equipo masculino
- Equipo femenino
- Pioneiras
- Historia
- Turismo
- Educación
- RSC
- Institucional
- Patrocinadores
Reportajes
Noticias destacadas