01/06/2022

Xornadas Médico Deportivas

Javier Couce, médico do clube, impartíu estas xornadas que versaban sobre o uso do DEA
Xornadas Médico Deportivas

Hoxe tiveron lugar as Xornadas Médico Deportivas do Pescados Rubén Burela. Levouse a cabo esta actividade no CEIP Virxe do Carme da mesma localidade. Profesorado do centro, alcalde e concelleiro de Deportes de Burela, e diverso persoal do equipo reuníronse no colexio, para asistir a este evento impartido por D.Francisco Javier Fernández Couce, médico do clube. 

O tema principal da xornada foi sobre o uso do DEA (Desfibrilador externo automático). O médico, comezou a xornada ofrecendo uhnas nocións teóricas sobre soporte vital básico en adultos e menores e logo explicou en que casos se usa o DEA e de que modo hai que facelo.

Despois, os participantes pasaron a simulación de situacións reais para intentar aplicar os coñecementos obtidos na explicación, intentando realizar as técnicas de RCP e poñendo en práctica o uso do DEA. 

Esta xornada foi moi beneficiosa para os asistentes, e en definitiva para todo o mundo en xeral, porque aprenderon uns coñecementos que de aplicalos correctamente poden chegar a salvar vidas. 

 

Noticias destacadas

O á destro catalán, de 24 anos, exercitouse onte por primeira vez cos seus novos compañeiros e xa poderá ser aliñado este venres en Pamplona por David Rial

Dura primera parte para as mariñanas e máis igualado o segundo tempo no que moitas das numerosas ocasións que tiveron se viron frustradas polo papelazo da MVP do partido, Bia da Silva.