Publicidade
X Pechar
O Pescados Rubén Burela FS continúa sen tregua o seu camiño nun calendario de máxima esixencia. Tras Copa do Rei e liga ante ElPozo e en menos de sete días, Valdepeñas será a terceira cita para os de Juanma Marrube noutra semana de dobre compromiso, en liga. Mañá o Virgen de la Cabeza acollerá a xornada 20 (aprazada do día 8) a partir das 21.00 horas. Os laranxas terán que pelexar para sacar algo positivo na pista do gran descubrimento da tempada, que custodia a terceira praza (41 puntos) e que ademais esperará os galegos con moitas ganas de desquitarse ante a derrota do sábado na casa de Industrias Santa Coloma (8-3), rompendo a racha 11 xornadas sen perder. Tan só Levante (3-6, xornada 8) lle impediu puntuar como local e arrebatáronlle puntos Aspil (2-2, xornada 2), Santa Coloma (2-2, xornada 6) e Palma (xornada 18). “Sabemos que vai ser un partido moi esixente; é sen dúbida o equipo revelación desta liga. Está facendo moi ben as cousas, mostrándose regular tanto na casa coma a domicilio. Tras o último tropezo terán moitas ganas de recuperar sensacións” advertía unha das Xoias Laranxas, Pitero, que puido dispoñer de minutos ante ElPozo en Vista Alegre logo de estar ausente nun par de encontros por unha lesión no cuádriceps. Na ida, os castelano-manchegos apropiáronse dos puntos, con 1-4. “Temos que aprender dos erros que cometemos na ida. Temos que saír a por todas, mantendo a concentración e a intensidade. En Vista Alegre disputamos unha primeira parte igualada, pero tras o descanso faltounos claridade de ideas. Chegamos nun momento de bo xogo no que só nos está faltando un pouquiño” reflexionaba o 9 laranxa. A expedición de Juanma Marrube, formada por 13 xogadores e xa en Valdepeñas, realizará dobre sesión de adestramento, hoxe ás 21.00 horas e mañá ás 11.30 horas. Expedición Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 2. Joselito, 4. Lucho, 6. Luisma, 9. Pitero, 10. Matamoros, 12. Renato, 13. Pixote, 14. Pope, 15. Xande, 16. Eto'ou, 22. Álex Diz, 24. M. Kaluza Rumbo a Peñíscola. Ao finalizar o encontro, os mariñáns continuarán o seu periplo lonxe de Galicia, con rumbo a Peñíscola, para medirse o venres (21.00 horas) ao cadro do ex-burelista Juanlu Alonso na xornada 22.
Ler máis
Máis comodidade atopou o Pescados Rubén Burela FS no regreso a La Fortuna desta semana sobre o Leganés Masdeporte, fronte ao que tamén conseguiu o billete para a final de Copa da Raíña o sábado pasado. Tras unha primeira parte máis trabada aínda que con acerto na finalización, as pupilas de Julio Delgado e Lucas conseguiron atoparse co seu xogo, con posesión, dominio e ocasións, e así ampliar a vantaxe de 1-2 ata o 2-6. Resistiuse menos o gol hoxe, aínda que repetiu a protagonista; Cilene no 3 volveu abrir a lata a pase de Peque. Cristina ampliou antes do cinco, cazando un rexeite a tentativa da xoia da Fervenza, Cris Lourés. Rozando o ecuador o Leganés conseguiu manterse no partido, reducindo distancias Stone ante o adiantamento de Jozi. O pau evitou o empate madrileño chegando ao descanso, en ocasión de dobre penalti de Guti. A murciana Cristina puxo máis tranquilidade no marcador, no reinicio, cun lanzamento desde fóra da área, e ampliou Dany, no 27. O Leganés apostou por xogo de cinco con dez minutos por diante e no 33 atopou a recompensa, con Stone, de rexeite. Cilene e Dany volveron facer acto de presenza para completar a clara vitoria, nos minutos 37 e 38. Ficha técnica Leganés Masdeporte: Lucía, Patricia, Amparo, Patri B., Guti, cinco inicial; tamén xogaron Carmen, Elena, Saki, Yrezabal, Esther, Stone, Sandra Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Cris Lourés, Cristina, Cilene, Peque, cinco inicial; tamén xogaron Jane, Dany, Lara Balseiro, Luci, Jenny Goles: 0-1, minuto 3, Cilene; 0-2, minuto 4, Cristina; 1-2, minuto 10, Stone; 1-3, minuto 23, Cristina; 1-4, minuto 27, Dany; 2-4, minuto 33, Stone; 2-5, minuto 37, Cilene; 2-6, minuto 38, Dany Árbitros: Alonso Abad // González Rubio. Por Leganés Esther (18), Amparo (21), Guti (39). Por Burela amarela a Luci (minuto 10), Dany (minuto 36). Incidencias: Partido correspondente á xornada 20 de Primeira División disputado en La Fortuna
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 21ª xornada
Viña Albali Valdepeñas
12 victorias | 5 empates | 3 derrotas
Puntos acumulados: 41
Pescados Rubén-Burela FS
2 victorias | 4 empates | 13 derrotas
Puntos acumulados: 10
Cancha de xogo:
Virgen de la Cabeza
Data:
18 de febreiro de 2020
Última xornada
Partidos celebrados o 15/02/2020
Industrias Santa Coloma 8 3 Viña Albali Valdepeñas
Jimbee Cartagena FS 3 3 Levante UD FS
Córdoba Patrimonio 3 3 Servigroup Peñíscola
Palma Futsal 1 1 FC Barcelona
CA Osasuna Magna 2 5 Movistar Inter
Pescados Rubén-Burela FS 1 5 ElPozo Murcia
Aspil Jumpers Ribera 1 3 Fútbol Emotion Zaragoza
Jaén Paraíso Interior 3 2 O Parrulo Ferrol
Clasificacion
Division de honra 2019 / 2020
1Movistar Inter50
2FC Barcelona 45
3Viña Albali Valdepeñas41
4ElPozo Murcia40
5Palma Futsal37
6CA Osasuna Magna35
7Levante UD FS28
8Jaén Paraíso Interior27
9Jimbee Cartagena FS24
10O Parrulo Ferrol23
11Servigroup Peñíscola22
12Industrias Santa Coloma20
13Córdoba Patrimonio16
14Fútbol Emotion Zaragoza14
15Aspil Jumpers Ribera13
16Pescados Rubén-Burela FS10
Goleador
Matamoros
GolesXogador
13Matamoros
5Luisma
3Álex Diz
2Everton (CEDIDO A CEUTA -2020-)
2Joselito
2Lucho
2Pope
2Renato
1Juanfran (CEDIDO A CEUTA -2020-)
1Pitero
Próximo partido
Partido pertencente á 21ª xornada
Pescados Rubén-Burela FS
18 victorias | 1 empates | 1 derrotas
Puntos acumulados: 55
Xaloc Alacant A
1 victorias | 0 empates | 19 derrotas
Puntos acumulados: 3
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Data:
22 de febreiro de 2020
Última xornada
Partidos celebrados o 15/02/2020
Móstoles FSF 2 7 CD Futsi Atlético Navalcarnero
Pescamar Poio FS 2 0 Universidad de Alicante
Cidade das Burgas 1 9 AD Alcorcón FSF
Xaloc Alacant A 2 3 AD Sala Zaragoza
Bilbo FS 1 5 UCAM ElPozo Murcia
Roldán FSF 0 3 Ourense Envialia
Majadahonda FSF/Afar 4 1 2 Penya Esplugues Gironella FS
Leganés Masdeporte 2 6 Pescados Rubén-Burela FS
Clasificacion
Division de honra 2019 / 2020
1CD Futsi Atlético Navalcarnero60
2Pescados Rubén-Burela FS55
3Ourense Envialia50
4AD Alcorcón FSF44
5Pescamar Poio FS35
6Penya Esplugues Gironella FS32
7Universidad de Alicante30
8Móstoles FSF29
9AD Sala Zaragoza29
10Roldán FSF27
11UCAM ElPozo Murcia25
12Leganés Masdeporte15
13Majadahonda FSF/Afar 414
14Cidade das Burgas11
15 Bilbo FS6
16Xaloc Alacant A3
Goleadora
Peque
GolesXogadora
15Peque
11Ale de Paz
11Jenny Lores
9Jenny
8Dany
7Jane
6Cilene
4Bea Mateos
4Cristina
4Lara
3Luci
1Jozi
Patrocinadores