Publicidade
X Pechar
A Bomboneira recuperou a senda triunfal do Pescados Rubén Burela FS que segue liderando a táboa de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo grazas ao 5-1 sobre AD Alcorcón FSF. As pupilas de Julio Delgado e Lucas deron un golpe sobre a mesa tras o descanso co terceiro tanto despois da vantaxe de 2-0 e ofreceu unha gran defensa no cinco para catro aproveitando as ocasións para ampliar distancias. Aos 54 segundos do inicio, Dany, na primeira chegada do equipo baixo paus de Belén, subiu o 1-0, aproveitando un balón morto. O Alcorcón respondeu cun claro perigo de Ballesteros, que resolveu brillantemente Ana Romero; a meta burelista non se amilanou nas tentativas visitantes. E así volveron á carga as de Julio Delgado; Jenny, no 9, asinou o 2-0, culminando un contragolpe a pase de Cristina. A tan só 16 segundos para o ecuador da primeira parte, Cristina puxo en pé á Bancada Laranxa, cunha vaselina que chocou contra o largueiro e caeu sobre a liña de meta. As laranxas aplicáronse para frear a un rival que foi agresivo en defensa e a partir de aí foi medrando. Belén evitou a tentativa de Dany no 16 e de novo a 3 burelista serviulle a Peque, cunha vaselina que se foi alta, no 17. Repetiuse o guión de inicio. Aos 58 segundos do regreso de vestiarios, o Pescados Rubén volveu ver portería con Jenny en acción individual. No 26, o Alcorcón reduciu nun descoido das filas burelistas que aproveitou Paula Llorente na área laranxa. Apostou entón o conxunto madrileño por xogo de cinco para ir a polo partido. Peque evitou o segundo das alfareiras en liña de meta a tentativa de Ana Rivera; roldaba o minuto 29. E foi a 7 laranxa a encargada de subir o 4-1, nunha recuperación burelista na que gañou a batalla Peque sobre Pipi para marcar a porta baleira (minuto 31). Aínda non transcorrera un minuto cando de novo a pivote internacional asinaba o quinto, de novo a porta baleira, nun roubo en cancha local. A falta de 12 segundos Dany aínda dispuxo doutra sen meta, que se foi desviada. Ficha técnica Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Dany, Cristina, Peque, Jenny, cinco inicial Luci, Alves, Cilene, Lara Balseiro, AD Alcorcón FSF: Belén de Uña, Isa García, Ballesteros, Irene Samper, Vane Sotelo, cinco inicial; tamén xogaron Duco, Pipi, Ana Rivera, Aida, Paula Llorente, Cyn Romano Goles: 1-0, minuto 1, Dany; 2-0, minuto 9, Jenny; 3-0, minuto 21, Jenny; 3-1, minuto 26, Paula Llorente; 4-1, minuto 31, Peque; 5-1, minuto 31, Peque; Árbitros: Amor Vizoso // García Salinas (Galicia). Por Burela amarela a Lara (minuto 19), Peque (minuto 20). Por Alcorcón amarela a Paula Llorente (minuto 37), Pipi (minuto 39), Ana Rivera (minuto 34) Incidencias: Partido correspondente á xornada 11 de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo disputado en Vista Alegre ante preto de 500 persoas.
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 14ª xornada
Pescados Rubén-Burela FS
9 victorias | 4 empates | 0 derrotas
Puntos acumulados: 31
Axa Ita Port Elche CF
6 victorias | 0 empates | 7 derrotas
Puntos acumulados: 18
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Data:
14 de decembro de 2018
Última xornada
Partidos celebrados o 08/12/2018
FC Barcelona B 5 0 Dimurol S. Tenerife
Software DELSOL Mengíbar 1 3 ElPozo Ciudad de Murcia
Gran Canaria FS 3 4 Bisontes Castellón
Córdoba CF Futsal 5 0 Manzanares FS
Soliss FS Talavera 4 4 Rivas Futsal
Santiago Futsal 6 1 Colo Colo Zaragoza
Noia Portus Apostoli 2 9 Pescados Rubén-Burela FS
Axa Ita Port Elche CF 3 4 Real Betis Futsal
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1Pescados Rubén-Burela FS31
2Real Betis Futsal29
3Manzanares FS27
4Software DELSOL Mengíbar24
5FC Barcelona B 24
6ElPozo Ciudad de Murcia 22
7Soliss FS Talavera20
8Córdoba CF Futsal20
9Bisontes Castellón19
10Axa Ita Port Elche CF18
11Gran Canaria FS15
12Santiago Futsal13
13Noia Portus Apostoli12
14Rivas Futsal11
15Colo Colo Zaragoza9
16Dimurol S. Tenerife0
Goleador
Matamoros
GolesXogador
10Matamoros
8Juanfran
7Renato
6Pitero
6Pope
5Hélder
4Lucho
3Luisma
3Porto
3R. Vargas
2Edu
Próximo partido
Partido pertencente á 12ª xornada
Ourense Envialia
7 victorias | 4 empates | 0 derrotas
Puntos acumulados: 25
Pescados Rubén-Burela FS
10 victorias | 0 empates | 1 derrotas
Puntos acumulados: 30
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal Los Remedios
Data:
15 de decembro de 2018
Última xornada
Partidos celebrados o 08/12/2018
AD Sala Zaragoza 7 1 Femisport Palau Club
Leganés Masdeporte 2 2 Viaxes Amarelle F.S.
Penya Espluges Gironella FS 2 3 CD Futsi Atlético Féminas
Móstoles FSF 1 7 Universidad de Alicante
Pescamar Poio FS 4 2 Majadahonda FSF/Afar 4
Pescados Rubén-Burela FS 5 1 AD Alcorcón FSF
Guadalcacín 1 2 UCAM Murcia
Jimbee Roldán FSF 0 1 Ourense Envialia
Clasificacion
Division de honra 2018 / 2019
1Pescados Rubén-Burela FS30
2CD Futsi Atlético Féminas29
3Penya Espluges Gironella FS25
4Ourense Envialia25
5Universidad de Alicante22
6UCAM Murcia22
7Pescamar Poio FS18
8AD Alcorcón FSF18
9Jimbee Roldán FSF17
10Móstoles FSF12
11Majadahonda FSF/Afar 410
12Leganés Masdeporte9
13AD Sala Zaragoza4
14Guadalcacín3
15Viaxes Amarelle F.S.1
16Femisport Palau Club0
Goleadora
Dany
GolesXogadora
10Dany
7Cristina
6Peque
5Jenny
4Cilene
4Luci
3Alves
3Lara
Patrocinadores