Publicidade
X Pechar
Todo está a punto para a festa en estado puro de Vista Alegre, que arrincará mañá ás 5.00 pm ante o todopoderoso FC Barcelona. A Alma Laranxa, con dous triunfos na última semana como pulmón, agarda o segundo clasificado da elite para repetir a xesta que rozou fronte os cataláns en Copa do Rei e co Palau como escenario, hai tan só dúas semanas. “Estamos moi ben animicamente. Encadeamos dúas vitorias, con liga e Copa Galicia, e iso dános moita moral ante este gran novo reto. Nunca hai un momento ideal para recibir o potencial e calidade do Barcelona, pero chegamos nunha boa situación para plantarlle cara e intentar sacar algún punto o sábado”, advertía Lucho tras o 2-4 ante Peñíscola e 5-3 en semifinais irmandiñas co Parrulo FS. “Agardamos un grande ambiente fronte a todo un portento como é o Barça, un rival no que brillan as individualidades que non desaproveita nin o mínimo erro do rival. Pelexaremos por crearlle perigo con un xogo directo sobre a portería e frear a súas acometidas”, adiantaba o 4 mariñán, apelando ao seu último cara a cara, no que os pupilos do Mariskal remontaron ata o 3-3, forzaron a prórroga e a fase final tan só escapou nos penaltis. “En Barcelona mantivémonos fieis ao plan de partido, usamos as nosas bazas, tendo en conta a esixencia da semana e pensando tamén no compromiso de liga”, lembraba o peche do Corgo fronte ao máximo goleador da liga, con 101 dianas. “Estamos tendo moito desgaste pero tamén temos activado o modo competición constantemente; iso tamén é positivo para seguir medrando”, confesaba Lucho. Convocatoria Pescados Rubén Burela FS: 1. Edu, 2. Joselito, 4. Lucho, 6. Luisma, 9. Pitero, 12. Renato, 13. Pixote, 14. Pope, 15. Xande, 16. Eto’o, 22. Álex Diz, 24. M. Kaluza Convocatoria FC Barcelona: 2 Aicardo, 4 Roger, 5 Boyis, 6 Daniel, 7 Dyego, 8 Adolfo, 12 Juanjo (p), 13 Joselito, 17 Arthur, 21 Dídac (p), 88 Marcenio, 99 Ximbinha Venda de entradas A venda anticipada na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta, Burela) pecharase hoxe ás 14.00 horas. A taquilla de Vista Alegre abrirá ás 15.45 horas; a partir das 16.30 horas as entradas de soci@s poderán liberarse. PREZOS DE SOCI@S 0-5 anos: Gratuíto (recollida de entrada no pavillón) 6-17 anos: 1 euro Adult@: 5 euros PREZOS NON SOCI@S 0-5 anos: Gratuíto (recollida de entrada no pavillón) 6-17 anos: 10 euros Adult@: 20 euros
Ler máis
Tras o triunfo incontestable en ida de semifinais de XIV Copa Galicia ante Viaxes Amarelle (1-10), o Pescados Rubén Burela FS pechará a semana o sábado coa xornada 22 de Primeira, no longo desprazamento á pista de STV Roldán, no ecuador da táboa. A cita do Gabriel Pérez poderá seguirse en directo a través de 7TV e a web de CRTVG. “Temos que dar continuidade a esta dinámica. Levamos dous partidos moi bos, estamos finalizando mellor, que estaba sendo o noso talón de Aquiles. Se saímos coa mesma intensidade e afinación que nos últimos partidos as cousas van ir moi ben esta xornada” contaxiaba así as boas sensacións do vestiario laranxa a pontevedresa Jenny Lores, con olfacto goleador nos compromisos máis recentes, tanto en liga como en Copa Galicia. Na primeira volta, as mariñás atoparon a medida para bater as filas do Roldán, cun claro 6-0. “Sufriu a baixa importante da capitá e notouno moito no aspecto defensivo. É un equipo de xogadoras novas, moi físicas. Co paso das xornadas viuse a súa evolución”, advertía a 21 burelista do oitavo clasificado (30 puntos), que só sucumbiu nesta segunda volta ante Ourense Envialia (0-3), incidindo no traballo constante para seguir mellorando nos últimos metros, desde a segunda praza (58 puntos). O conxunto burelista realizará a última sesión hoxe ás 17.30 horas antes de poñer rumbo a terras murcianas pola noite, ás 23.00 horas. Expedición provisional Pescados Rubén Burela FS: 1. Jozi, 3. Dany, 5. Cristina, 6. Cilene, 7. Peque, 9. Jenny, 10. Lara Balseiro, 17. Ale de Paz, 19. Luci, 21. Jenny Lores
Ler máis
Os pupilos de Juanma Marrube completaron a festa irmandiña do Martes de Entroido dominando en todo momento no marcador e impoñéndose por 5-3 ao Parrulo FS na ida de semifinais da XXIX Copa Galicia, tras o triunfo laranxa feminino desta mañá 1-10 sobre o Viaxes Amarelle. A Malata acollerá o encontro de volta o 18 de marzo ás 20.00 horas. Diego Núñez tentou sorprender moi cedo a M. Kaluza. O meta burelista e Álex Diz aliáronse máis tarde, no 7, fronte a Morioka, pero non había dúbida, as vibracións eran boas esta tarde en Vista Alegre e o Pescados Rubén Burela foi collendo folgos co paso dos minutos. No 8 Xande case chega ao cruzamento de Álex Diz e no 12 o xuvenil Renato Rodrigues dispuxo de dúas de ouro, primeiro nun disparo cruzado que salvou Illi coa cabeza e máis tarde de estratexia. Estaba aí. A Xoia Laranxa por excelencia, o 12 burelista, inaugurou o marcador de estratexia no 14 de falta directa ao bordo da área. Exactamente un minuto despois, Eto’o, estreándose en Vista Alegre, subiu o 2-0 nunha volea afastada a rexeite do meta ferrolán. Joselito evitou unha tentativa visitante envelenada aos 30 segundos e liderou acto seguido unha contra que Ili freou ante Eto’o. O Parrulo conseguiu reducir distancias no 18, cun disparo de Hoa, que pegou na defensa local. No entanto, o Pescados Rubén non quixo deixar marxe de erro e recuperou a vantaxe, con sinatura de Lucho a 1’29” para o asubío da primeira parte; o xogador do Corgo rematou un centro dende a liña de fondo. Kaluza, co pé, mantivo a renda local ao bordo do descanso ante o ex do Burela Iago Rodríguez. Morioka, no 24, reduciu para os de Héctor Souto, dende saque de esquina. A tentativa cruzada de Kevin Chis ao bordo da área, no 25, foise por pouco e chegou a quenda para os de Juanma Marrube, no 26, con disparo de Xande desartellado polo pau, dende saque de banda. Foi Lucho o encargado de anotar o cuarto, culminando un contragolpe a pase de Luisma, a 30 segundos para o ecuador do segundo acto. Illi, no 35, freou a gran contra laranxa fronte a Renato, iniciada por Álex Diz e a pase de Luisma. No entanto, o meta ferrolán nada puido facer o dobre penalti do propio 12 de Burela, tras a segunda amarela a Saura. Restaban por diante 4’30” e O Parrulo tampouco deixou de pelexar; Marioka subiu o definitivo 5-3 no 38, con un potente disparo dende a frontal da área. Ficha técnica Pescados Rubén Burela FS: M. Kaluza, Lucho, Luisma, Renato, Pixote, cinco inicial; tamén xogaron Álex Diz, Joselito, Xande, Eto’o, Renato Rodrigues, Quelle O Parrulo Ferrol FS: Illi, Iago Rodríguez, Saura, Miguel, Diego Núñez, cinco inicial; tamén xogaron Miguel Caeiro, Morioka, Kevin Chis, Hoa, Raúl, Takita Goles: 1-0, minuto 14, Renato; 2-0, minuto 16, Eto’o; 2-1, minuto 18, Hoa; 3-1, minuto 19, Lucho; 3-2, minuto 24, Morioka; 4-2, minuto 30, Lucho; 5-2, minuto 36, Renato (d.p.); 4-2, minuto 38, Morioka Árbitros: Pérez Muñiz // Rey Hermida. Por Ferrol amarela para Saura (minuto 9 e 36), Kevin Chis (minuto 29), Diego Núñez (minuto 31), Chemi (minuto 36) Incidencias: Partido correspondente á ida de semifinais de XXIX Copa Galicia disputado en Vista Alegre ante aproximadamente 700 espectadores/as
Ler máis
Próximo partido
Partido pertencente á 23ª xornada
Pescados Rubén-Burela FS
3 victorias | 4 empates | 14 derrotas
Puntos acumulados: 13
FC Barcelona
16 victorias | 3 empates | 3 derrotas
Puntos acumulados: 51
Cancha de xogo:
Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Data:
29 de febreiro de 2020
Última xornada
Partidos celebrados o 22/02/2020
Jaén Paraíso Interior 4 2 Jimbee Cartagena FS
Movistar Inter 9 3 Levante UD FS
Viña Albali Valdepeñas 3 3 CA Osasuna Magna
FC Barcelona 6 2 Córdoba Patrimonio
O Parrulo Ferrol 1 6 Aspil Jumpers Ribera
ElPozo Murcia 4 4 Industrias Santa Coloma
Fútbol Emotion Zaragoza 0 2 Palma Futsal
Servigroup Peñíscola 2 4 Pescados Rubén-Burela FS
Clasificacion
Division de honra 2019 / 2020
1Movistar Inter53
2FC Barcelona 51
3Viña Albali Valdepeñas45
4ElPozo Murcia44
5Palma Futsal40
6CA Osasuna Magna36
7Jaén Paraíso Interior33
8Levante UD FS31
9O Parrulo Ferrol26
10Servigroup Peñíscola25
11Jimbee Cartagena FS24
12Industrias Santa Coloma24
13Aspil Jumpers Ribera16
14Córdoba Patrimonio16
15Fútbol Emotion Zaragoza14
16Pescados Rubén-Burela FS13
Goleador
Matamoros
GolesXogador
13Matamoros
5Álex Diz
5Luisma
3Joselito
2Everton (CEDIDO A CEUTA -2020-)
2Lucho
2Pope
2Renato
1Eto'o
1Juanfran (CEDIDO A CEUTA -2020-)
1Pitero
1Pixote
Próximo partido
Partido pertencente á 22ª xornada
Roldán FSF
9 victorias | 3 empates | 9 derrotas
Puntos acumulados: 30
Pescados Rubén-Burela FS
19 victorias | 1 empates | 1 derrotas
Puntos acumulados: 58
Cancha de xogo:
-
Data:
29 de febreiro de 2020
Última xornada
Partidos celebrados o 22/02/2020
AD Alcorcón FSF 6 2 Leganés Masdeporte
Ourense Envialia 1 0 Bilbo FS
UCAM ElPozo Murcia 4 1 Pescamar Poio FS
AD Sala Zaragoza 1 3 Roldán FSF
CD Futsi Atlético Navalcarnero 6 2 Majadahonda FSF/Afar 4
Penya Esplugues Gironella FS 4 0 Cidade das Burgas
Universidad de Alicante 6 3 Móstoles FSF
Pescados Rubén-Burela FS 4 0 Xaloc Alacant A
Clasificacion
Division de honra 2019 / 2020
1CD Futsi Atlético Navalcarnero63
2Pescados Rubén-Burela FS58
3Ourense Envialia53
4AD Alcorcón FSF47
5Pescamar Poio FS35
6Penya Esplugues Gironella FS35
7Universidad de Alicante33
8Roldán FSF30
9Móstoles FSF29
10AD Sala Zaragoza29
11UCAM ElPozo Murcia28
12Leganés Masdeporte15
13Majadahonda FSF/Afar 414
14Cidade das Burgas11
15 Bilbo FS6
16Xaloc Alacant A3
Goleadora
Peque
GolesXogadora
17Peque
12Jenny Lores
11Ale de Paz
9Jenny
8Dany
7Jane
6Cilene
4Bea Mateos
4Cristina
4Lara
3Luci
1Cris
1Jozi
Patrocinadores